Miriam Hopkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiriam Hopkins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Savannah, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1972 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónGoddard College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión , guionista , actriz , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnatole Litvak (1937–1939)
Premios

IMDB: nm0394244 Allocine: 20 Rottentomatoes: celebrity/miriam_hopkins Allmovie: p33202 TCM: 88862 IBDB: 45564
Discogs: 3316438 WikiTree: Hopkins-5776 Find a Grave: 8672 Editar o valor em Wikidata

Ellen Miriam Hopkins, nada en Savannah (Xeorxia) o 18 de outubro de 1902 e finada en Nova York o 9 de outubro de 1972, foi unha actriz estadounidense coñecida pola súa versatilidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Hopkins naceu en Savannah, filla de Homer Hopkins e Ellen Cutler[2] e creceu en Bainbridge, preto do límite con Alabama. Tiña unha irmá máis vella, Ruby (1900–1990).[3] O seu bisavó materno, o cuarto alcalde de Bainbridge, axudou a establecer a igrexa episcopal de St. John da cidade.[4] Hopkins cantou de nena no coro.[5]

En 1909, viviu un breve tempo en México coa súa familia. Despois de que os seus pais se separasen, Hopkins mudouse de adolescente coa súa nai a Syracuse, Nova York, para estar preto do seu tío paterno, Thomas Cramer Hopkins, xefe do departamento de xeoloxía da Universidade de Syracuse.[6]

Hopkins asistiu ao Goddard Seminary de Barre, Vermont (posteriormente convertido en Goddard College e resituado en Plainfield, Vermont), e á Universidade de Syracuse de Nova York.[6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Aos vinte anos, Hopkins fíxose corista en Nova York. Tamén actuou con regularidade no teatro na década de 1920, incluída a adpatación teatral de An American Tragedy, de Theodore Dreiser. En 1930 protagonizou en Broadway a obra Ritzy de Sidney Toler. Tamén en Broadway interpretou a protagonista de Jezebel, obra de teatro de 1933 de Owen Davis. Cando se adaptou ao cinema en 1938, Hopkins ficou decepcionada de que escollesen a Bette Davis para o papel que ela interpretou no escenario. Isto comezou un conflito entre ambas publicitado polos estudios.

En 1930, Hopkins asinou con Paramount Pictures e debutou no cinema con Fast and Loose. O seu primeiro grande éxito foi o filme de terror de 1931 Dr. Jekyll and Mr. Hyde, en que interpretou a Ivy Pearson, unha prostituta que acaba relacionada con Jekyll e Hyde. Recibiu boas críticas, incluída unha de Mordaunt Hall de The New York Times que dicía que interpretara a Ivy "de xeito espléndido".[7]

Despois a súa carreira ascendeu rapidamente. En 1932 destacou no filme de Ernst Lubitsch Trouble in Paradise, onde mostrou o seu engado como unha bela e celosa rateira. Durante o Hollywood pre-código de principios da década de 1930, apareceu en The Smiling Lieutenant, The Story of Temple Drake e Design for Living, todos grandes éxitos de público e crítica.[8]

Os primeiros filmes de Hopkins foron considerados sexualmente suxestivos. Producidos nos anos anteriores a que o Código Hays fose obrigado de xeito rigoroso, mostrar elementos que foron prohibidos despois de 1934. Por exemplo, The Story of Temple Drake mostraba unha escena de violación e Design for Living un ménage à trois con Fredric March e Gary Cooper. Os seus éxitos continuaron no resto da década coa comedia romántica The Richest Girl in the World (1934), o drama histórico Becky Sharp (1935), polo que foi candidata ao Óscar á mellor actriz, Barbary Coast (1935), These Three (1936, primeiro dos catro filmes co director William Wyler) ou The Old Maid (1939).

Hopkins foi unha das primeiras actrices nas que se pensou para o papel de Ellie Andrews en It Happened One Night (1934). Rexeitou o papel, que foi para Claudette Colbert.[9] Tamén participou nas audicións para o papel de Scarlett O'Hara en Foise co vento, sendo a única candidata nada en Xeorxia, mais o papel foi para a británica Vivien Leigh. Tanto Colbert como Leigh gañaron o Óscar polas súas interpretacións.

Hopkins tivo un conflito moi publicitado coa súa inimiga Bette Davis. Hopkins e Davis coprotagonizaron dous filmes, The Old Maid (1939) e Old Acquaintance (1943). Nesta época, cría que Davis mantiña unha relación co seu marido, Anatole Litvak.[10] Davis, indignada polos celos de Hopkins, dixo que gozara golpeala nunha escena de Old Acquaintance, despois de que a personaxe de Hopkins fixese afirmacións infundadas contra a de Davis. Fotos de prensa mostran as dúas actrices nun cuadrilátero de boseo, coas luvas preparadas e o director Vincent Sherman entre elas coma un árbitro. En entrevistas posteriores, Davis describiu a Hopkins como unha "actriz terriblemente boa", pero tamén "terriblemente celosa".

Despois de Old Acquaintance, Hopkins non traballou de novo no cinema ata The Heiress (1949), onde interpretou a tía da protagonista. Na comedia de Mitchell Leisen de 1951 The Mating Season, ofreceu unha actuación cómica como nai de Gene Tierney. Tamén participou en A calumnia (1961), remake do seu filme These Three (1936). As súas últimas personaxes no cinema foron a nai de Robert Redford en A manda humana (1966), e unha antiga estrela de Hollywood envellecida no filme de terror Savage Intruder (1970).

Hopkins foi unha pioneira da televisión. Participou en obras televisivas dende finais da década de 1940 ata os sesenta, en programas como The Chevrolet Tele-Theatre (1949), Pulitzer Prize Playhouse (1951), Lux Video Theatre (1951–1955), e capítulos de The Investigators (1961) e The Outer Limits (1964), e mesmo nun episodio de The Flying Nun ("Bertrille and the Silent Flicks") en 1969.

Ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, unha polo cinema no 1709 Vine Street e outra pola televisión no 1716 Vine Street.[11]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Hopkins faleceu en Nova York por un ataque ao corazón nove días antes do seu 70 aniversario. Foi enterrada no cemiterio Oak City en Bainbridge, Xeorxia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Hopkins casou catro veces. O seu primeiro matrimonio foi co actor Brandon Peters, o segundo co aviador e guionista Austin Parker, o terceiro co director Anatole Litvak e o cuarto co correspondente de guerra Raymond B. Brock. En 1932, adoptou un neno, Michael T. Hopkins (29 de marzo de 1932–5 de outubro de 2010), que fixo carreira nas forzas aéreas.

Miriam Hopkins era coñecida polas súas festas elegantes. John O'Hara, que asistiu con frecuencia, indicou que

a maioría dos convidados eran escollidos do mundo intelectual... Miriam coñecíaos a todos, lera os seus libros, escoitara a súa música, comprara as súas pinturas. Non estaban alí porque unha secretaria lle dera unha lista de intelectuais.[12]

Era unha acérrima demócrata que apoiou con forza a presidencia de Franklin D. Roosevelt.[13]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1930 Fast and Loose Marion Lenox
1931 Smiling Lieutenant, TheThe Smiling Lieutenant Princess Anna
1931 24 Hours Rosie Duggan
1931 Dr. Jekyll and Mr. Hyde Ivy Pearson
1932 Two Kinds of Women Emma Krull
1932 Dancers in the Dark Gloria Bishop
1932 The World and the Flesh Maria Yaskaya
1932 Trouble in Paradise Lily
1933 Story of Temple Drake, TheThe Story of Temple Drake Temple Drake Baeado na novela de William Faulkner Sanctuary
1933 Stranger's Return, TheThe Stranger's Return Louise Starr
1933 Design for Living Gilda Farrell
1934 All of Me Lydia Darrow
1934 She Loves Me Not Curly Flagg
1934 Richest Girl in the World, TheThe Richest Girl in the World Dorothy Hunter
1935 Becky Sharp Becky Sharp Candidata ao Óscar á mellor actriz
Primeiro filme en Technicolor
1935 Barbary Coast Mary 'Swan' Rutledge
1935 Splendor Phyllis Manning Lorrimore
1936 These Three Martha Dobie Adaptación da obra The Children's Hour (1934) de Lillian Hellman.
1936 Men Are Not Gods Ann Williams
1937 Woman I Love, TheThe Woman I Love Madame Helene Maury Hopkins casou co director Anatole Litvak pouco despois da rodaxe do filme.
1937 Woman Chases Man Virginia Travis
1937 Wise Girl Susan 'Susie' Fletcher
1939 Old Maid, TheThe Old Maid Delia Lovell Ralston
1940 Virginia City Julia Hayne
1940 Lady with Red Hair Mrs. Leslie Carter
1942 Gentleman After Dark, AA Gentleman After Dark Flo Melton
1943 Old Acquaintance Millie Drake
1949 Heiress, TheThe Heiress Lavinia Penniman Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
1951 Mating Season, TheThe Mating Season Fran Carleton
1952 The Outcasts of Poker Flat Mrs. Shipton / 'The Duchess'
1952 Carrie Julie Hurstwood
1961 A calumnia Lily Mortar Hopkins protagonizara a primeira adaptación cinematográfica da obra The Children's Hour titulada These Three no papel de Martha Dobie. Neste filme, Shirley MacLaine interpretou a Martha, e Hopkins interpretou a súa tía Lily.
1964 Fanny Hill Mrs. Maude Brown
1966 manda humana, AA manda humana Mrs. Reeves
1970 Savage Intruder Katharine Parker

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obituary Variety, 11 de outubro de 1972, p. 71.
  2. Virginia, Marriage Records 1936–2014
  3. 1910 United States Federal Census
  4. "St. John's Episcopal Church, Bainbridge, GA". Episcopal Church. 13 de xuño de 2011. 
  5. "Miriam Hopkins (1902–1972)". Georgiaencyclopedia.org. 28 de agosto de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Profile Arquivado 13 de novembro de 2014 en Wayback Machine., archives.syr.edu; consultado o 27 de xuño de 2015.
  7. The New York Times Book of Movies: The Essential 1,000 Films to See, Universe Publishing, 2019, "Dr. Jekyl and Mr. Hyde", p. 310, publicado por primeira vez o 2 de xaneiro de 1932
  8. Douglas W. Churchill (30 de decembro de 1934). "The Year in Hollywood: 1984 May Be Remembered as the Beginning of the Sweetness-and-Light Era". The New York Times. p. X5. 
  9. Wiley, Mason; Damien Bona (1987). Inside Oscar: The Unofficial History of the Academy Awards. Ballantine Books. p. 54. ISBN 0-345-34453-7. 
  10. Soares, Andre (3 de decembrode 2006). "Miriam Hopkins Biography in the Works". Alternative Film Guide. 
  11. "Miriam Hopkins". Hollywood Walk of Fame. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2019. 
  12. "TimesMachine". Timesmachine.nytimes.com. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  13. Janeway, Michael (22 de agosto de 2009). The Fall of the House of Roosevelt: Brokers of Ideas and Power from FDR to LBJ. ISBN 9780231505772. Consultado o 17 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]