Paseo da Fama de Hollywood
Coordenadas: 34°06′06″N 118°19′36″O / 34.1016309, -118.326684
O Paseo da Fama de Hollywood é unha beirarrúa ao longo de Hollywood Boulevard e Vine Street en Hollywood, California, Estados Unidos, en cuxo chan están colocadas máis de 2.600 estrelas de 5 puntas cos nomes de celebridades ás cales a Cámara de comercio de Hollywood honra pola súa contribución á industria do entretemento.
Características[editar | editar a fonte]
O Paseo da Fama transcorre de leste a oeste no Hollywood Boulevard, desde a rúa Gower ata a Avenida La Brea, e de norte a sur na rúa Vin entre Yucca Street e Sunset Boulevard. Cada estrela consiste dunha peza de terrazo na que se enmarca unha estrela de cinco puntas con fondo rosa e bordo de bronce incrustado nun cadrado de carbón. Dentro da estrela rosa está o nome da persoa homenaxeada gravado en bronce, e debaixo atópase un emblema redondo, tamén en bronce, indicando a categoría pola que a esa persoa se lle concedeu a estrela.
- Os emblemas son :
Unha cámara cinematográfica, pola súa contribución á industria do cine.
Un televisor, pola súa contribución á industria televisiva
Un gramófono, pola súa contribución ao mundo da música
Un micrófono radiofónico, pola súa contribución na industria da radio
Unha máscara traxicómica, pola súa contribución na industria teatral.
Historia[editar | editar a fonte]

Creado en 1958 por un artista californiano, Oliver Weismuller, que foi contratado pola cidade para dar a Hollywood un "lavado de face", o Paseo da Fama converteuse nunha homenaxe a todas aquelas persoas relacionadas co show business. Os homenaxeados reciben unha estrela baseándose nos seus logros nas películas, o teatro, a radio, a televisión e a música. Moitas persoas recibiron varias estrelas durante a fase en distintas categorías; con todo, posteriormente tendeuse a premiar a aquelas persoas que aínda non recibiran unha estrela, e só se recoñeceu a persoas anteriormente premiadas en varias ocasións. En 1978, a cidade dos Ánxeles declarou o paseo da Fama como un Ben Cultural e Histórico.
O Paseo da Fama orixinal tiña 2.500 estrelas en branco. Un total de 1.558 estrelas foron outorgadas durante os seus primeiros 16 meses. Desde entón, outorgáronse estrelas a un ritmo aproximado de 2 ao mes. Para 1994, máis de 2.000 das estrelas iniciais foran outorgadas, e incluíronse máis estrelas para estender o paseo desde a Avenida Sycamore ata a Avenida La Brea. As estrelas sitúanse en lugares permanentes, excepto en ocasións nas que por causas especiais (por exemplo, construción de edificios, obras...), as estrelas teñen que cambiarse de sitio.
As novas estrelas elíxense a partir dunha lista de nomeados que se publica o 31 de maio de cada ano. O Comité do Paseo da Fama reúnese cada mes de xuño para seleccionar os homenaxeados do ano seguinte. As cerimonias de concesión están abertas a todo o mundo e estaban conducidas por Johnny Grant, alcalde honorífico de Hollywood. Grant morreu o 9 de xaneiro de 2008 en Hollywood e as súas cinzas foron esparexidas por baixo do Hollywood Sign.
Mantemento[editar | editar a fonte]
O Paseo da Fama é mantido pola Hollywood Historic Trust. Para que unha persoa poida obter unha estrela, debe estar de acordo en acudir a unha cerimonia de entrega nos seguintes cinco anos, e debe pagar unha cota de 200 dólares por custos tales como seguridade na cerimonia de entrega. En 2003, unha reportaxe na cadea de televisión FOX News aseguraba que as cotas eran habitualmente pagadas por patrocinadores (estudos cinematográficos ou compañías discográficas) como publicidade para algún novo proxecto da persoa homenaxeada. Noutras ocasións, a tarifa é pagada por un club de fans ou pola persoa ou organización premiada.
En 2004, o número total de estrelas entregadas era de aproximadamente 2.150.
Lista de estrelas[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Lista das estrelas do Paseo da Fama de Hollywood.
Estrelas roubadas[editar | editar a fonte]
Desde que se empezaron a instalar as estrelas en 1960, catro delas foron roubadas. As de James Stewart e Kirk Douglas foron retiradas debido a unha construción que se ía a realizar na rúa Vin e foron gardadas. De alí foi de onde desapareceron. O culpable foi un contratista que foi detido coas dúas estrelas completamente esnaquizadas e inutilizables.
A estrela de Gene Autry tamén foi retirada por un proxecto dunha construción e foi roubada posteriormente. A estrela apareceu en Iowa.
E o 27 de novembro de 2005, a estrela de Gregory Peck foi roubada do Paseo preto da rúa Gower. Esta vez non foi por un proxecto de construción, senón que foron uns ladróns quen a arrincaron da beirarrúa.
Para evitar estes roubos, tomáronse medidas talles como a colocación de cámaras de seguridade na zona, aínda que como no caso do ano 2005, non sempre dá resultado. Por iso introduciuse máis vixilancia.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |

- Michael Jackson ten 2 estrelas, unha como solista e outra con The Jackson 5.
- John Lennon, George Harrison e Ringo Starr teñen 2 estrelas, unha como solistas e outra con The Beatles.
- Joanne Woodward recibiu a primeira estrela do Paseo da Fama o 9 de febreiro de 1960.
- No cruzamento de Hollywood Boulevard e Vine Street, unhas "estrelas redondas" especiais en cada unha das catro esquinas conmemoran aos astronautas da misión Apollo 11: Neil Armstrong, Michael Collins e Edwin E. Aldrin.
- A única persoa que recibiu unha estrela en cada unha das cinco categorías foi Gene Autry.
- Desde o ano 2005, as compañías poden recibir estrelas no Paseo. A primeira que o recibiu foi Disneyland, en recoñecemento polo seu 50 aniversario. Os premios están nunha propiedade privada cerca do paseo, e non son parte do mesmo. As compañías deben ter unha forte presenza en Hollywood e ter unha antigüidade de polo menos 50 anos. As publicacións Variety e The Hollywood Reporter están entre as futuras posuidoras da estrela.
- O Paseo da Fama aparece brevemente na película de 2003 The Italian Job así como nas películas Stuart Saves His Family, My Girl, Pretty Woman , Charlie's Angels: Full Throttle, Starstruck e Burlesque.
- Yvonne De Carlo posúe dúas estrelas, unha pola súa carreira cinematográfica e a outra polo seu papel televisivo na serie The Munster.
- Existen dous actores co mesmo nome, chamados Harrison Ford con estrelas no Paseo da Fama. O primeiro foi Harrison Ford, un actor de películas mudas, que recibiu a estrela nos anos 50 e cuxa estrela está fronte ao restaurante Musso & Frank, no 6665 de Hollywood Blvd. O segundo é o coñecido actor Harrison Ford, cuxa estrela se pode atopar fronte ao Kodak Theater, no 6801 de Hollywood Blvd.
- Mary-Kate e Ashley Olsen, que tiñan 17 anos cando recibiron a estrela, son as premiadas máis novas en pertencer ao Paseo da Fama. Son tamén as únicas xemelgas. Foron premiadas pola súa contribución ao mundo da televisión.
- Run–D.M.C. é o primeiro grupo de hip hop que ten unha estrela no Paseo.
- Queen Latifah é a primeira cantante de hip hop en ter unha estrela.
- Vince McMahon, presidente da WWE, é a primeira persoa dedicada á loita libre en entrar no Paseo da Fama.
- Os Simpson, Mickey Mouse, Bugs Bunny, Tinker Bell, Pato Donald, Branca Neves e os sete ananos, Shrek, Rugrats, O Paxaro Tolo e Winnie the Pooh son os únicos debuxos animados que teñen unha estrela.
- Kermit the Frog (Ra René en Latinoamérica; Ra Gustavo en España) e Big Bird (a Galiña Caponata en España) son os únicos monicreques que teñen unha estrela.
- Christina Aguilera é a cantante que máis pospuxo a cerimonia de entrega. A cantante recibiuna en 2007 pero a súa cerimonia non se realizou ata novembro de 2010.
- Madonna sendo a raíña do pop, coñecida mundialmente e ser a quinta cantante máis vendida na historia da música de todos os tempos, aínda non recibiu estrela.
Presión dos fans de Queen[editar | editar a fonte]
Moitos fans meteron presión a directiva encargada de outorgar estrelas, para que lle desen unha estrela ao grupo Queen.
Este recoñecemento é o resultado da campaña que organizaron os miles de admiradores que o grupo británico ten nos Estados Unidos. Proba diso é que durante anos os directores da Cámara de Comercio de Hollywood recibiron ao redor de 300 cartas ao ano procedentes dos clubs de fans da banda para que se lles outorgase este galardón.
No medio do clamor popular, Brian May e Roger Taylor, dous dos membros de Queen, descubriron a estrela do grupo no Paseo da Fama de Hollywood. Deste xeito, e acompañados polo alcalde da cidade, Johnny Grant, os músicos foron homenaxeados, en representación dos seus compañeiros (John Deacon e Freddie Mercury), polos logros obtidos durante toda a carreira musical do grupo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paseo da Fama de Hollywood ![]() |