Título dunha curtametraxe animada do Pato Donald de Walt Disney co rótulo "en Technicolor". Moitas curtametraxes de animación estadounidenses das décadas de 1930 e 1940 producíronse en tecnicolor.
Technicolor é a marca rexistrada dunha serie de procesos de cinema en cor desenvolvidos por Technicolor Motion Picture Corporation (subsidiaria de Technicolor, Inc), actualmente parte da empresa Technicolor, antiga Thomson. Technicolor Motion Picture Corporation fundouse en Boston en 1914, e os seus fundadores foron Herbert Kalmus, Daniel Frost Comstock e W. Burton Wescott.[2] A partícula "Tech" do nome inspirouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde Kalmus e Comstock se graduaron e foron logo profesores.[3] Technicolor, Inc constituíuse en Delaware en 1921.[4][5]
A compañía Technicolor foi unha firma de proceso de cinema de grande éxito, e despois traballaron na duplicación de son e vídeo en VHS, CD e DVD, e en procesos de vídeo dixital. MacAndrews & Forber adquiriron Technicolor en 1982 por cen millóns de dólares[6] e en 1988 vendérona á compañía británica Carlton Communications PLC por 780 millóns de dólares.[7] Technicolor Inc adquiriu a compañía de procesamento de película Consolidated Film Industries en 2000.[8] Dende 2001, Technicolor formou parte do conglomerado de electrónica e medios con base en Francia coñecido como Thomson.[9] O 1 de febreiro de 2010, o grupo Thomson renomeouse como "Technicolor", adquirindo para toda a compañía o nome da súa subsidiaria tecnolóxica estadounidense.[10]
A estética visual da transferencia de tinta de Technicolor segue a empregarse en Hollywood. Partes de The Aviator, biopic de Howard Hughes, manipuláronse dixitalmente para imitar os procesos de cor dispoñibles durante os períodos en que tiña lugar cada escena. O aspecto de dúas cores do filme cítase incorrectamente como de aparencia do sistema de Technicolor de dúas cores, cando en realidade é un facsimile do propio sistema de cor de Hughes, Multicolor.
↑Cohen, David S. (26 de xaneiro de 2010). "Technicolor reinventing itself". Variety. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2017.
Fred E. Basten, Glorious Technicolor: The Movies' Magic Rainbow. Easton Studio Press, 2005. ISBN0-9647065-0-4
Adrian Cornwell-Clyne, Colour Cinematography. Londres, Champman & Hall, 1951.
Layton, James – Pierce, David: The Dawn of Technicolor, 1915–1935. George Eastman House, Rochester (N.Y.), 2015. ISBN978-0-93539-828-1
Richard W. Haines, Technicolor Movies: The History of Dye Transfer Printing. McFarland & Company, 2003. ISBN0-7864-1809-5
John Waner, Hollywood's Conversion of All Production to Color. Tobey Publishing, 2000.
Herbert T. Kalmus with Elenaore King Kalmus, Mr. Technicolor: The Fascinating Story of the Genius Who Invented Technicolor and Forever Changed the History of Cinema. MagicImage Filmbooks, 1993. ISBN1-882127-31-5