Merostomados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merostomados
Merostomata

Rango fósil: ordovícico - actualidade [1]
Limulus polyphemus
Limulus polyphemus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Merostomata
Woodward, 1852
Orde

A dos merostomados (Merostomata) é unha pequena clase de artrópodos do subfilo dos quelicerados, moi próximos aos arácnidos.

O que diferencia á clase dos merostomas da clase dos arácnidos é a función do prosoma (parte anterior do corpo) e do opistosoma (parte posterior do corpo). O prosoma dos merostomas está formado por un gran escudo indiviso, e o opistosoma está constituído por varios seegmentyos con apéndices birámeos.

Todos os seus membros (na actualidade só se coñecen catro especies viventes) están comprendidos na orde dos xifosuros.

Características[editar | editar a fonte]

Ao igual que os arácnidos, teñen un par de quelíceros xunto á boca e o corpo dividido en dúas rexións, o prosoma (cefalotórax) e o opistosoma (abdome). Porén, diferéncianse dos arácnidos pola falta de pedipalpos, que foron substituídos por outro par de patas marchadoras, polo que teñen 5 pares de patas en lugar de 4.

O opistosoma divídese, como nos escorpións, en dúas seccións, chamadas respectivamente mesosoma (ou preabdome) e metasoma (ou postabdome).

En todos os casos trátase de animais acuáticos, con branquias, aínda que algunhas especies dos extintos euriptéridos eran probabelmente anfibias.

Os únicos merostomas actuais, con moi puocas especies, son os xifosuros, coñecidos popularmente como "potas das Molucas" e "cangrexos de ferradura". A escasa representación actual do grupo non dá a medida da súa importancia no pasado.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Anatomía dun Eurypterus.
Un xigantoscráceo.

Descrición[editar | editar a fonte]

A clase dos merostomados foi descrita en 1866 polo xeólogo inglés Henry Woodward,[2] na súa obra Monograph of the British Fossil Crustacea, Order Merostomata.

O termo foi utilizado orixinalmente por James Dwight Dana para referirse só aos Xiphosura, pero foi emendado por Henry Woodward para comprender a ambos os grupos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Merostomata está formado polos elementos do latín científico mero- e -stomata derivados do grego antigo μηρός merós, "coxa", e στόμα stóma, "boca", facendo referencia a que etes animais teñen apéndices que son pezas bucais no seu extremo proximal, pero patas natatorias no seu extremo distal.[3][4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os merostomados clasificáronse tradicionalmente en dous grupos coa categoría de subclase: os xifosuros (Xiphosura) e os euriptéridos (Eurypterida). Estes últimos extinguíronse ao final do paleozoico.

Actualmente discútese a conveniencia de seguir reunindo estes dous grupos nunha clase, visto que os euriptéridos parecen estreitamente relacionados coa orixe dos escorpións, na base do clado dos arácnidos.[Cómpre referencia]

Xifosuros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Xifosuros e Limúlidos.

Os xifosuros inclúen só catro especies viventes,[5] sendo a máis común Limulus polyphemus, o cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si. Considéranse fósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 450 millóns de anos de existencia (aparecen por primeira vez no rexistro fósil o ordovícico inferior).[1]

Euriptéridos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Euriptéridos.

Os euriptéridos ou xigantostráceos extinguíronse ao final do paleozoico. Eran acuáticos ou anfibios, e destacan por ter alcanzado os maiores tamaños entre os artrópodos (até 2,5 m de lonxitude).[6]

Adoitan coñecerse vulgarmente co pouco afortunado nome de escorpións mariños, xa que a parte posterior do corpo recorda á dos escorpións por presentaren un metasoma máis estreito que o prosoma, pero carecían de glándula velenosa; os euriptéridos non son escorpións, nin están emparentados con eles. Coñécense máis de 300 especies fósiles.[6][7]

Clasificación actual[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, a clasificación actual dos merostomados é a seguinte:

Clase Merostomata [8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Van Roy, P.; Orr, P. J.; Botting, J. P.; Muir, L. A.; Vinther, J.; Lefebvre, B.; Hariri, K. E. & Briggs, D. E. G. (2010): "Ordovician faunas of Burgess Shale type". Nature 465: 215.
  2. Merostomata no WoRMS.
  3. "Literary Notices. A monograph of the British Fossil Crustacea, belonging to the Order Merostomata. Part 1. Pterygotus Anglicus, Agassiz. Pages 1–44. Plates i.–ix. By Henry Woodward, of the British Museum". The Intellectual Observer: review of natural history, microscopic research, and recreative science 11: 233–234. 1867. 
  4. Merostomata-Etymology en LiquiSearch.
  5. Haaramo, Mikko (2003). "Xiphosura - Horseshoe craps". Mikko's Phylogeny Archive (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Waggoner, Ben; Speer, Brian (1999). University of California Museum of Paleontology, ed. "Eurypterida: Systematics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2000. Consultado o 4 de decembro de 2016. 
  7. Dunlop, J. A.; D. Penney, O.; E. Tetlie & L. I. Anderson (2008). "How many species of fossil arachnids are there?". Journal of Arachnology 36 (2): 267–272. ISSN 0161-8202. doi:10.1636/CH07-89.1. 
  8. Merostomata no ITIS.
  9. Xiphosura no ITIS.
  10. Limulina no ITIS.
  11. Limulidae no ITIS.
  12. Carcinoscorpius no ITIS.
  13. Limulus no ITIS.
  14. Tachypleus no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrates. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology, 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]