Xifosuros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xiphosura»)
Xifosuros
Xiphosura

Rango fósil: ordovícico - actualidade

Limulus polyphemus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Merostomata
Orde: Xiphosura
Latreille, 1802
Subordes
Artigos principais: Merostomados e Limúlidos.

A dos xifosuros (Xiphosura) é unha orde de quelicerados mariños da clase dos merostomados.

Antigamente clasificado como unha clase, este rango asígnase hoxe ao taxon dos merostomados (Merostomata), que inclúe a orde fósil dos euriptéridos (Eurypterida). Estes últimos parece que están máis cerca dos arácnidos que os merostomados actualmente vivos (os xifosuros).

A súa especie máis coñecida é Limulus polyphemus o chamado cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si.

Os xifosuros considéranse como fósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 475 millóns de anos de existencia (apareceron por primeira vez no rexistro fósil no ordovícico inferior).[1][2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, no volume primeiro da súa monumental obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes, publicada en 14 volumes entre 1802 e 1805.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Xiphosura está formado polos elementos do latín científico xipho- e -ura, tirados do grego antigo ξίφος xíphos 'espada' e οὐρά ourá 'cola', respectivamente; e coa desinencia -a, indicando substantivo neutro plural. Literalmente: 'os de cola en (forma de) espada'.[3][4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde dos xifosuros, segundo Lamsdell (2013) [5] e Fossilworks,[6] subdivídese en dúas subordes, a dos belinurinos (Bellinurina), extinta, e a dos limulinos (Limulina), esta última a única con especies actuais, todas elas reunidas na familia dos limúlidos (Limulidae), que conta con tres xéneros e catro especies:[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Van Roy, P.; Orr, P. J.; Botting, J. P.; Muir, L. A.; Vinther, J.; Lefebvre, B.; Hariri, K. E. & Briggs, D. E. G. (2010): "Ordovician faunas of Burgess Shale type". Nature 465: 215.
  2. Van Roy, P.; Briggs, D. E.; & Gaines, R. R. (2015): "The Fezouata fossils of Morocco; an extraordinary record of marine life in the Early Ordovician". Journal of the Geological Society.
  3. Xiphosura Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no Memidex Dictionary.
  4. Xiphosura no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
  5. James Lamsdell (2013): "Revised systematics of Palaeozoic 'horseshoe crabs' and the myth of monophyletic Xiphosura". Zoological Journal of the Linnean Society 167 (1): 1-27.
  6. Order Xiphosurida Latreille 1802 Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  7. Mikko's Phylogeny Archive - Xiphosura.
  8. 8,0 8,1 Xiphosura no ITIS.
  9. Limulina no ITIS.
  10. Limulidae no ITIS.
  11. Carcinoscorpius no ITIS.
  12. Limulus no ITIS.
  13. Tachypleus no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (1990): Invertebrates. Sunderland, MA, USA: Sinauer Associates. Tradución ao castelán en 2005, por McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology, 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]