Quelicerados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quelicerados
Chelicerata

Limulus polyphemus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Heymons, 1901
Clases
  • Véxase o texto

O dos quelicerados (Chelicerata) constitúen un subfilo do filo dos artrópodos.

Diferéncianse dos demais artrópodos, entre outras características, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome).

Estes animais, na súa maior parte depredadores, sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico e cos que están relacionados filoxeneticamente.

Características[editar | editar a fonte]

Esquema corporal dun quelicerado: 1: patas; 2: cefalotórax; 3: abdome.

Teñen o corpo tipicamente dividido en dúas rexións ou tagmas, unha anterior denominada prosoma (ou cefalotórax) e unha posterior ou opistosoma (abdome).

O prosoma componse do acron presegmentario e 6 segmentos, e a miúdo está cuberto por un escudo dorsal. Presenta 6 pares de apéndices, todos eles multiarticulados e unirrámeos: quelíceros (apéndices bucais), pedipalpos e 4 pares de patas marchadoras. Teñen ollos compostos laterais e/ou ollos simples mediais.

O opistosoma, formado por até 12 segmentos e máis o telson, presenta apéndices moi diferenciados ou ben carece deles, segundo os grupos.

Coñécense máis de 70 000 especies actuais de quelicerados, case todas pertenecientes á clase dos arácnidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O subfilo dos quelicerados foi descrito en 1951 polo zoólogo alemán Richard Heymons.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo Chelicerata está formado polos elementos do latín científico cheli- e -cerata, tirados do grego antigo χελή chelé, "pinza" e κέρας, κέρατος kéras, kératos, "corno", coa desinencia -a indicando plural.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O subfilo dos quielicerados subdivídese nas tres clases seguintes:[1][2]

Subfilo Chelicerata

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.