Saltar ao contido

Henry Woodward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Woodward

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1832 Editar o valor en Wikidata
Norwich, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1921 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Bushey, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da Sociedade Xeolóxica de Londres
1894 – 1896
← Wilfred Hudleston Hudleston (pt) TraducirHenry Hicks → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónNorwich School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeoloxía e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo, xeólogo, bibliotecario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo de Historia Natural de Londres
Museo Británico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaWoodward Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHenry Page Woodward, Ellen Caroline Woodward, Gertrude Mary Woodward, Alice B. Woodward, Martin Fountain Woodward Editar o valor en Wikidata
PaiSamuel Woodward Editar o valor en Wikidata
IrmánsSamuel Pickworth Woodward
Bernard Bolingbroke Woodward Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Woodward-9995

Henry Bolingbroke Woodward, nado o 24 de novembro de 1832 en Norwich, condado de Norfolk, Inglaterra, e finado o 6 de setembro de 1921, foi un xeólogo e paleontólogo inglés, coñecido polas súas investigacións sobre os fósiles de crustáceos e outros artrópodos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Woodward naceu en Norwich, Inglaterra, o 24 de novembro de 1832 e fixo os seus primeiros estudos nunha escola da súa cidade natal.[1]

Era fillo do xeólogo e anticuario Samuel Woodward (1790-1838),[1] e irmán de Bernard Bolingbroke Woodward (1816-1869) e de Samuel Pickworth Woodward (1821-1865), e tío de Horace Bolingbroke Woodward (1848-1914), todos eles tamén xeólogos.

En 1868 foi asistente no departamento de xeoloxía do Museo Británico e, en 1880, encargado dese departamento. En 1873 foi elixido membro da Royal Society. En 1878 recibiu o título de LL. D. (doutor superior) na universidade de St Andrews. Foi presidente da Sociedadde Xeolóxica de Londres desde 1894 até 1896.[1]

Woodward foi presidente da Asociación de Xeólogos nos anos 1873 e 1874, presidente da Malacological Society de 1893 a 1895, presidente da Museums Association no ano 1900,[2] e presidente da Palaeontographical Society desde 1895, cando faleceu o que era o seu presidente daquela, T. H. Huxley, até a súa propia morte en 1921.

Foi o editor do Geological Magazine desde que comezou a publicarse en 1864, e editor único desde xullo de 1865 até o fin do ano 1918.[1]

A colección de cunchas de Woodward, os seus manuscritos e os seus moldes de vertebrados fósiles encóntranse nos arquivos do Museo de Zooloxía da universidade de Cambridge.

As súas obras máis recoñecidas son:

  • Monograph of the British Fossil Crustacea, Order Merostomata (1866-1878).
  • A Monograph of Carboniferous Trilobites (1883-1884).

Ademais destas monografías publicou moitas outras. Publicou tamén numerosos artigos en diferentes revistas científicas.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Woodward emprégase para recoñecer a Henry Woodward como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Obituario en Geological magazine. Consultado o 4 de decembro de 2016.
  2. "WOODWARD, Henry". Who's Who. Vol. 59. 1907. p. 1932.
  3. "Award Winners Since 1831". Consultado o 4 de decembro de 2016.