Pedipalpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arácnido dos Uropygi. Os pedipalpos en cor verde.

Denomínase pedipalpo[1][2][3] a cada un dos dous apéndices (do prosoma) dos merostomados e os arácnidos, que poden presentar forma de palpos ou de patas, ou terminar en pinzas para a prensión, e que poden desempeñar diversas funcións (táctiles, locomotoras, manipulación de alimentos, transferencia de espermatozoides, etc.) dependendo dos grupos.[4]

Constan de seis artellos; o máis basal é a coxa, seguida do trocánter, fémur, patela, tibia e tarso. As coxas posúen con frecuencia expansións denominadas gnatobases, que se sitúan xunto á boca e actúan como pezas bucais adicionais xa que axudan a procesar o alimento.

Os pedipalpos mostráronse moi plásticos evolutivamente, e radiaron nunha gran variedade de formas e funcións.

Os pedipalpos nas diferentes ordes de arácnidos[editar | editar a fonte]

  • Acarina. Curtos, ás veces modificados como órganos prensores con uñas terminais e espiñas.
  • Amblypygi. Grandes, moi aparentes, e provistos de numerosas espiñas, que lle dan ao animal un aspecto temíbel; o tarso pode pregarse sobre as espiñas da tibia, o que utilizan para cazar ás súas presas e como mecanismo de defensa.
  • Araneae. Similares ás patas, pero máis curtos e non apoian no solo, senón que os levan levantados por diante do corpo. Os machos de moitas especies empregan os pedipalpos para cortexar ás femias, en cuxo caso poden seren grandes ou rechamantes, e tamén como aparato copulador, que introduce unha bolsa de esperma, o espermatóforo, no corpo da femia.
  • Opiliones. Semellantes a patas, pero máis curtos.
  • Palpigradi. Curtos e robustos, acabados en pinza.
  • Pseudoscorpionida. Grandes e acabados nunha forte pinza ou quela.
  • Ricinulei. Curtos, semellantes a patas e con gran capacidade de rotación (180º).
  • Schizomida. Similares a patas robustas e acabados nunha forte uña.
  • Scorpiones. Grandes e acabados nunha forte pinza ou quela.
  • Solifugae. Longos, semellantes a patas; cunha bolsa exértil con propiedades adhesivas no último artello que fai de ventosa.
  • Uropygi. Grandes e aparentes con espiñas e unha forte uña terminal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. pedipalpo substantivo masculino Zooloxía Cada un dos dous apéndices dos arácnidos que se atopa a continuación dos quelíceros. no dicionario da RAG.
  2. pedipalpo s m ZOOL Apéndice da segunda parella de apéndices articulados cefálicos nos aráncidos. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pedipalpo.
  4. pedipalpo (Merostomata+Arachnida) en: Garrido, Carlos (1977).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibilografía[editar | editar a fonte]

  • Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
  • Savory, T. (1971): Evolution in the Arachnida. Watford (UK): Merrow Publishing Co Ltd. ISBN 978-0-9005-4104-9.
  • Snodgrass, R. E. (1971): A Textbook Arthropod Anatomy. New York: Hafner Pub. Co.
  • Torre-Bueno, J. R. (1989): The Torre-Bueno Glossary of Entomology compiled by Stephen W. Nichols; including Supplement A by George S. Tulloch. New York: The New York Entomological Society.

Outros artigos[editar | editar a fonte]