Borislav Cvetković
Cvetković | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Borislav Cvetković | ||
Nacemento | 30 de setembro de 1962 | ||
Lugar de nacemento | Karlovac | ||
Altura | 180 centímetros | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira xuvenil | |||
Karlovac | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1980–1986 | Dinamo Zagreb | 151 | (44) |
1986–1988 | Estrela Vermella | 63 | (22) |
1988–1991 | Ascoli | 84 | (20) |
1992–1993 | Maceratese | 26 | (8) |
1993–1994 | Casertana | 19 | (6) |
1994–1995 | Borac Čačak | 7 | (1) |
Total | 350 | (101) | |
Selección nacional | |||
1983–1988 | Iugoslavia | 14 | (2) |
Adestrador | |||
2003–2004 | Obilić | ||
2009–2010 | Sopot | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borislav Cvetković, nado en Karlovac o 30 de setembro de 1962, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol serbio. Foi internacional coa selección iugoslava e medallista olímpico de bronce nos Ánxeles 1984.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Formouse futbolisticamente no Karlovac, pasando logo ao Dinamo Zagreb, co que debutou en 1980 na Primeira División de Iugoslavia. Xogou durante seis tempadas no club croata, gañando unha liga e unha Copa de Iugoslavia e debutando en competicións europeas, ao disputar a Copa de Europa e a Recopa de Europa.
En 1986 fichou polo Estrela Vermella. Na súa primeira tempada chegou ata os cuartos de final da da Copa e Europa, onde foi eliminado polo Real Madrid, e con 7 goles, foi o máximo goleador da competición. Ao ano seguinte gañou unha nova liga iugoslava.
En 1988 deixou o seu país e fichou polo Ascoli, da Serie A. Xogou durante tres anos no club das Marcas, disputando un total de 59 partidos na máxima categoría e marcando 13 goles.
Con todo, a súa carreira viuse truncada en 1991, cando sufriu unha grave lesión que o mantivo inactivo durante todo un ano. Despois pasou a xogar na Serie D, primeiro no Maceratese e despois na Casertana, para rematar definitivamente a súa carreira en 1995 nas filas do Borac Čačak.
Selección de Iugoslavia[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección de Iugoslavia en 14 ocasións, marcando 2 goles. Disputou a Eurocopa de 1984 e participou nos Xogos Olímpicos de 1984, gañando a medalla de bronce. Ademais foi o máximo goleador do torneo olímpico, con 5 goles, empatado co seu compañeiro Stjepan Deverić e co francés Daniel Xuereb.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Despois de retirarse dedicouse ao labor de adestrador., Comezou dirixindo os xuvenís do Obilić, collendo as rendas do primeiro equipo na tempada 2003/04. Máis tarde foi brevemente segundo adestrador de Dragomir Okuka no banco da selección sub-21 de Serbia e Montenegro e entre 2005 e 2006 foi axudante de Walter Zenga no Estrela Vermella de Belgrado.
En 2008 volveu ao Estrela Vermella como segundo adestrador de Zdeněk Zeman e na tempada 2009/10 dirixiu o filial do club na segunda división serbia.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Era irmán máis novo do tamén futbolista Zvjezdan Cvetković, co que coincidiu durante anos no Dinamo Zagreb.[1]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Dinamo Zagreb
- Primeira División de Iugoslavia (1): 1981/82.
- Copa de Iugoslavia (1): 1982/83.
- Estrela Vermella
- Primeira División de Iugoslavia (1): 1987/88.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "'STRAŠNO, NA MJESTU JE UMRO': / Šokirani brat iznenada preminule legende Dinama u suzama otkrio potresne detalje tragedije" (en croata). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en worldfootball.net (en inglés).
- Datos do xogador no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Nados no condado de Karlovac
- Nados en 1962
- Serbios de Croacia
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Serbia
- Futbolistas de Croacia
- Xogadores do NK Dinamo Zagreb
- Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado
- Xogadores do Ascoli Calcio 1898
- Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia
- Futbolistas olímpicos de Iugoslavia
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas olímpicos de bronce por Iugoslavia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Adestradores de fútbol de Croacia
- Adestradores de fútbol de Serbia