Dragan Stojković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dragan Stojković
Información persoal
Nome Драган Стојковић
Nacemento 3 de marzo de 1965 (59 anos)
Lugar de nacemento Niš, Iugoslavia
Nacionalidade Iugoslavia
Altura 173 centímetros
Posición Medio ofensivo / Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981-1986 Radnički 70 (8)
1986-1990 Estrela Vermella 116 (54)
1990-1994 Olympique 29 (11)
1991-1992Verona (cesión) 19 (9)
1994-2001 Nagoya Grampus 183 (57)
Total 417 (125)
Selección nacional
1983–2000 Iugoslavia / Serbia 84 (15)
Adestrador
2008–2013 Nagoya Grampus
2015–2020 Guangzhou R&F
2021– Serbia
Na rede
FIFA: 44667 UEFA: 360 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dragan Stojković (en serbio cirílico: Драган Стојковић), nado o 3 de marzo de 1965 en Niš, Iugoslavia, é un ex-futbolista e adestrador serbio. Dende 2021 dirixe a selección serbia. Tamén é coñecido polo seu alcume Piksi ou Pixy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Talentoso mediocampista aínda que tamén xogaba ás veces de diantiero, Stojković comeza a súa carreira profesional na Primeira División Iugoslava no equipo da súa cidade, o Radnički Niš na tempada 1981-82. Alí ficará as catro seguintes, xogando 69 encontros e anotando 8 goles. Logo marchará ao Estrela Vermella de Belgrado onde estivo cinco tempadas, xogando 120 encontros e anotando 48 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga nos anos 1988 e 1989.

Stojković tamén xogou no Hellas Verona e dúas tempadas e media no Olympique de Marsella. O Olympique con Stojković gañou a Liga de Campións no 1993. Na primavera de 1994 Stojković ficha polo club xaponés Nagoya Grampus Eight, adestrado por Arsène Wenger e no que que tamén xogaba Gary Lineker. Alí ficou sete tempadas, xogando 183 encontros e anotando 57 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga en 1995. No Xapón hai un monumento, un estadio e unha rúa no seu nome.

Selección[editar | editar a fonte]

Coa selección, xogou 84 encontros e anotou 15 goles, tanto na selección Iugoslava coma na Serbia. O seu debut foi en xuño de 1983, e participou nas Eurocopas de 1984 e do 2000. Tamén participou nos mundiais de 1990 e 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]