Adam Jones
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Adam Thomas Jones 15 de xaneiro de 1965 Park Ridge, Estados Unidos de América (pt) |
| Educación | Libertyville High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, animador, músico, escultor, cantautor |
| Período de actividade | 1990 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Metal progresivo |
| Instrumento | Guitarra |
| Selo discográfico | Volcano Entertainment |
Adam Thomas Jones, nado en Park Ridge (Illinois) o 15 de xaneiro de 1965, é o guitarrista da banda de rock Tool. Tamén é o encargado de crear os vídeos do grupo e tamén é moi respectado polo seu traballo como artista visual.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jones medrou en Libertyville, Illinois, e tocou o violín na escola de primaria. Foi aceptado no programa Suzuki e continuou tocando o violín no seu primeiro ano de instituto. Cambiou o violín e tocou o baixo durante tres anos nunha orquestra.
Amigo do guitarrista Tom Morello, o cal por aquela época vivía tamén en Illinois, tocaron xuntos na banda de rock Electric Sheep. Non pasou moito tempo ata que Adam Jones colgou o seu baixo e comezou a tocar a guitarra.