Layne Staley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Layne Staley
Staley05.jpg
Naceu 22 de agosto de 1967
Orixe Kirkland, Washington Flag of the United States.svg
Morreu 5 de abril de 2002 (34 anos)
Instrumento(s) voz
Relacionado con Alice in Chains, Mad Season
Tempo en activo 1980 - 2002


Layne Staley, nado o 22 de agosto de 1967 e finado o 5 de abril de 2002, foi un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e coletrista da banda de rock Alice in Chains, formada por Staley e o guitarrista Jerry Cantrell. Tamén foi vocalista do supergrupo Mad Season. Loitou durante boa parte da súa vida contra unha adición grave ás drogas, que causaron a súa morte en abril do 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Staley naceu en Kirkland, Washington e os seus pais divorciáronse cando tiña sete anos. Medrou coa súa nai e o seu padrastro e adoptou o apelido deste último, sendo coñecido na súa etapa de instituto como Layne Elmer. Aos doce Staley comezou a tocar a batería, estando en varias bandas de glam rock na súa adolescencia, e máis tarde cambiou as baquetas polo micrófono.

En 1985 Staley formou unah banda chamada Sleze, que tamén contaba cos futuros membros de Second Coming Johnny Bacolas e James Bergstrom. Coa chegada do guitarrista Nick Pollock en 1986, Sleze transformouse en Alice N' Chainz. O grupo tocou pola zona de Seattle interpretando versións de Slayer e Armored Saint. Staley coñeceu ao guitarrista Jerry Cantrell mentres traballaba nas salas de ensaio Music Bank, converténdose en compañeiros de habitación, vivindo nunha zona de ensaio que compartían. Alice N' Chainz disolveuse e Staley uníuse a unha banda funk que nese tempo tamén precisaba un guitarrista. Pedíulle a Cantrell que se unise e este accedeu coa condición de que Staley se unise á súa banda Diamond Lie, que contaba co batería Sean Kinney e o baixista Mike Starr. Finalmente o proxecto funk separouse e en 1987 Staley uníuse a Cantrell a tempo completo. The banda acabou cambiando o seu nome por Alice in Chains.

Alice in Chains e Mad Season[editar | editar a fonte]

Alice in Chains editou o seu álbum de estrea, Facelift, o 21 de agosto de 1990. O segundo sinxelo, "Man in the Box", con letra escrita por Staley, converteuse nun éxito. Facelift foi dende entón certificado dobre platino pola RIAA, por vender máis de dous millóns de copias nos Estados Unidos. A banda promocionou o disco xirando durante dous anos antes de lanzar o EP acústico Sap a principios de 1992. En setembro dese ano, publicou Dirt, aclamado pola crítica e que se convertiría no álbum máis exitoso da banda, vendendo uns 4 millóns de copias nos Estados Unidos. A súa xira de promoción non foi moi longa debido aos problemas coas drogas de Staley. Durante a xira Starr abandonou a banda por razóns persoais e foi reemprazado por Mike Inez.

Aínda que Cantrell compuxo ou co-compuxo cos outros compoñentes a meirande parte da música para Alice in Chains, Staley escribiu cada vez máis letras a medida que pasaba o tempo, sendo finalmente o encargado da metade das letras da banda. Tamén compuxo a música ademais da letra de "Hate to Feel", "Angry Chair" e "Head Creeps". As súas letras adoitan a tratar temas como os seus problemas persoais, as drogas ou a depresión.

En 1994 editouseo segundo EP acústico de Alice in Chains, Jar of Flies. Este estreouse no número 1 da Billboard 200, sendo o primeiro traballo de Alice in Chains (e o primeiro EP da historia) en facelo[1]. Os outros membros da banda, vendo o xeito no que se deterioraba Staley, decidiron non xirar para apoiar Jar of Flies. Despois do seu lanzamento Staley enttou nunha clínica de rehabilitación e comezou a traballar nun proxecto paralelo con varios músicos de Seattle, entre os que estaban Mike McCready de Pearl Jam e Barrett Martin de Screaming Trees. A banda traballou durante varios meses e finalmente decidiu dar un concerto no Crocodile Cafe co nome de The Gacy Bunch. Ás poucas semanas cambiáronse o nome para Mad Season. A banda gravou o álbum Above e este foi publicado en marzo de 1995. O seu priemiro sinxelo, "River of Deceit", tivo un modesto éxito nas radios alternativas, e "I Don't Know Anything" foi emitida ocasionalmente. Unha actuación ao vivo filmada no Moore Theatre en Seattle foi lanzada en agosto dese ano como o video Live at the Moore.

Durante o hiato de Alice in Chains, as noticias sobre a adicción de Staley comezaron a extenderse nas comunidades de seareiros e nos medios, en parte debido aos cambios no seu físico polo seu abuso da heroína.

Alice in Chains reagrupouse para gravar Alice in Chains, que foi editado a finais de 1995. O álbum estreouse na cima das listas estadounidense e dende entón foi certificado dobre platino.. Coa excepción de "Grind", "Heaven Beside You" e "Over Now", as letras foron todas escritas por Staley, sendo este disco o que contiña unha maior contribución lírica súa de todos os da banda. Para acompañar ao álbum, a banda editou un video, The Nona Tapes, no cal se burlaban dos rumores da adicción de Staley. A banda parou novamente, e non fixo as xiras planeadas para a promoción do traballo.

Un dos últimos concertos de Staley coa banda foi o seu MTV Unplugged en 1996. Layne realizou a súa derradeira actuación con Alice in Chains o 3 de xullo de 1996 en Kansas City, Misuri, cando a banda estaba de xira con Kiss. En outubro de 1996, a ex-moza de Staley, Demri Lara Parrott, morreu por complicacións causadas polo abuso de drogas (endocarditis bacteriana). Isto fixo que Staley caese nunha forte depresión.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Staley mantívose alonxado da vida pública ata o 26 de febreiro de 1997, cando asistiu con outros membros da banda á cerimonia de entrega dos premios Grammy despois de que "Again" fose nomeado ao premio á mellor actuación de hard rock. No mes de setembro de 1998 Staley re-apareceu para axudar a gravar dous temas ("Get Born Again" e "Died") con Alice in Chains, que serían editados no box set Music Bank no ano seguinte. No medio das sesións de gravación apareceron máis noticias sobre o seu deterioro. Dave Jerden, o produtor de Dirt, que foi elexido para producir estes temas, dixo, "Staley pesaba 80 libras (36 quilos) e estaba branco coma unha pantasma". Cantrel rexeitou falar sobre o seu estado e o manager da banda dixo que non vira ao cantante dende o ano anterior.

En bovembro de 1998 gravou voces nun supergrupo chamado Class of '99, xunto con membros de Rage Against the Machine, Jane's Addiction e Porno for Pyros. O grupo gravou as partes 1 e 2 do tema de Pink Floyd "Another Brick in the Wall" para a banda sonora da película de Robert Rodriguez The Faculty, rodandose un video musical para a segunda parte. Mentres que ao resto dos membros se lles filmou para o video, as imaxes de Staley foron sacadas dunha actuación de Mad Season en 1995. O 19 de xullo de 1999, o programa de radio Rockline convidou a Cantrell, Inez, e (por vía telefónica) Kinney para unha charla sobre a edición de Nothing Safe: Best of the Box, cando, por sorpresa, Staley chamou para participar no programa.

Dende 1999 ata 2002, Staley estivo máis recluido, saindo rara vez do seu apartamento de Seattle; pouco se sabe dos detalles da súa vida durante este período. A nai de Staley posue a derradeira foro coñecida do músico, tomada en novembro do 2001, onde aparece sostendo ao seu sobriño recén nacido, Oscar, aínda que a foto nunca foi publicada. Aparte deste feito, Staley non foi visto a miudo polos seus amigos e familiares durante ese tempo.

Morte[editar | editar a fonte]

O 19 de abril do 2002, os contables de Staley contactaron coa súa nai, Nancy McCallum, para informala de que non se retiraran cartos da súa conta do banco en dúas semanas. McCallum chamou entón ao 911 para informalos de que non sabía nada de Staley dende facía dúas semanas. A policía foi con McCallum e o seu marido a casa de Staley, onde o atoparon morto. O informe da autopsia revelou que Staley murreu despois de inxectarse unha mestura de heroína e cocaína, coñecida como "speedball".

Notas[editar | editar a fonte]