Fear Inoculum é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de metal progresivoTool, publicado o 30 de agosto de 2019 a través dos selos Tool Dissectional, Volcano Entertainment e RCA Records. Foi o primeiro álbum do grupo en 13 anos, debido a problemas creativos, persoais e legais que os membros do grupo se atoparon dende o lanzamento de 10,000 Days. O álbum foi editado coa aclamación da crítica, coincidindo moitas recensións en que a banda refinara con éxito o seu característico son. O álbum chegou ao número 1 da lista estadounidense Billboard 200, o seu terceiro disco seguido en conseguilo, vendendo o equivalente a 270 000 álbums. O álbum tamén chegou á cima das listas doutros cinco países na súa primeira semana.