Undertow é o primeiro álbum da banda de metal progresivo estadounidense Tool. Foi editado o 6 de abril de 1993 polo selo Zoo Entertainment. Durante unha época na cal o grunge estaba no seu punto máis alto de popularidade, e o pop punk comezaba a emerxer coa axuda das radios, Undertow axudou ao metal a continuar destacando como estilo musical, e permitiu a varias bandas posteriores facerse un oco a través do mainstream. No mes de xullo do ano 2010 o álbum levaba vendidas 2.900.000 copias nos Estados Unidos.
O álbum foi gravado entre outubro e decembro do ano 1992 nos Grand Master Studios, situados en Hollywood, California, por Sylvia Massy. Algunhas das súas cancións son temas que a banda decidiu non incluír no seu primeiro EP, Opiate.
A portada do álbum foi deseñada polo guitarrista Adam Jones. Fotos no libreto dunha muller obesa núa, un home tamén nu e unhas imaxes dos membros do grupo con agullas inseridas na cara xeraron moita controversia, facendo que o álbum fose retirado de moitas tendas como Kmart e Wal-Mart. A banda reaccionou editando outra versión, na cal aparecía un gran código de barras nun fondo branco. Nesta versión incluíase unha nota do grupo explicando a autocensura.
"Disgustipated" (o tema remata no 6:45; pódense escoitar sons de grilos durante 7 minutos e 5 segundos, e entón no 13:50 reprodúcese unha mensaxe oculta mentres os grilos continúan ata o final.)