Tim Alexander
Tim Alexander | |
---|---|
![]() | |
Alias | Herb |
Nacemento | 10 de abril de 1965 (57 anos) |
Orixe | Cherry Point, Carolina do Norte ![]() |
Ocupación | batería e músico |
Instrumento(s) | batería, voz, guitarra |
Relacionado con | Primus, Major Lingo, Laundry, Attention Deficit, A Perfect Circle |
Na rede | |
http://www.timalexander.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Tim "Herb" Alexander, nado en Cherry Point (Carolina do Norte) o 10 de abril de 1965, é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda Primus. Tim tocou nos álbums de Primus dende Suck on This ata Tales from the Punchbowl, e deixou o grupo en 1996, para reunirse novamente no EP Animals Should Not Try to Act Like People do 2003. Aínda que Alexander ten afirmado estar inspirado inicialmente para tocar a batería por lendarios músicos como John Bonham, Neil Peart e Shaun O'Connor, o guitarrista de Primus Larry LaLonde asegura que o seu xeito de tocar está máis influenciado pola música African Jùjú.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Antes de unirse a Primus tocou e gravou con Major Lingo, unha banda se ska cunha lap steel guitar como instrumento principal. Cando Major Lingo xirou pola Bay Area Tim coñeceu aos membros de Primus e fixo unha proba coa banda.
Despos de que Alexander deixase o grupo, formou o seu propio proxecto, Laundry, coa que editou dous álbums, Blacktongue e Motivator. Alexander tamén colaborou co baixista experimental Michael Manring e co guitarrista Alex Skolnick para formar o grupo Attention Deficit.
Alexander foi o primeiro batería de A Perfect Circle, realizando os primeiros concertos coa banda, e gravando o tema "The Hollow" no seu álbum de estrea, Mer de Noms. Aparece tamén como membro no DVD/CD aMOTION.
Alexander uniuse ao grupo teatral Blue Man Group, e ocasionalmente tocou coa banda de Las Vegas Uberschall.
A pesar de ser principalmente coñecido polo seu traballo como batería, Alexander tamén é un hábil guitarrista e vocalista. Tocou a guitarra ao vivo co grupo Born Naked e fixo labores de vocalista no segundo álbum de Laundry e na súa xira de promoción.
Alexander estivo involucrado nun novo proxecto entre os anos 2008 e 2009. Este coñeceuse co nome Into The Presence e interpretaba cancións de Luis Carlos Maldonado. O seu álbum de estrea foi lanzado a través do selo Razor and Tie Records e conta coa colaboración da baixista Paz Lenchantin e a súa irmá, a chelista Ana Lenchantin.
Na actualidade Alexander está envolto co proxecto de Maynard James Keenan Puscifer. Xirou coa banda e aparece nas súas gravacións máis recentes.