Volto!
| Volto! | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Composto por
| |
|
Selo discográfico
| |
| Localización | |
|
Lugar de formación
| |
|
País de orixe
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata |
Volto! é unha banda estadounidense de jazz rock fusion procedente dos Ánxeles (California). O son de Volto! varía enormemente, sendo difícil de clasificar. O guitarrista John Ziegler cita noitas influencias, como Billy Cobham, Jimi Hendrix e Miles Davis. A banda inspírase en gran medida no rock progresivo e incluso foi adoptado pola comunidade do jazz. O seu repertorio inclúe tanto cancións propias como versións clásicas do rock e do jazz fusión, de artistas como Jimi Hendrix, ZZ Top, The Allman Brothers, Led Zeppelin, Billy Cobham e Tony Williams Lifetime.
Os membros de Volto! son: Danny Carey, batería da banda de metal progresivo Tool; o baixista Lance Morrison, que ten gravado álbums de estudio de Alanis Morissette, Don Henley e Jim Brickman, e tamén apareceu en varias bandas sonoras; o guitarrista John Ziegler, coñecido por Monday Night Jamz, banda residente do The Baked Potato Jazz Club en Studio City, California, e tamén compoñente do grupo Pigmy Love Circus, na cal tamén toca Danny Carey; e Kirk Covington, coñecido polo seu traballo co grupo de jazz progresivo de fusión Tribal Tech e con Scott Henderson.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Incitare - 2013 (Concord Music Group)