Imagine (canción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Imagine"
sinxelo de John Lennon
do álbum Imagine
Lanzamento 11 de outubro de 1971
Formato vinilo de 7" e 12"
Gravada maio - xullo de 1971
Xénero musical soft rock, pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:03
Discográfica Apple Records
Produtor(es) Phil Spector, John Lennon e Yoko Ono
Escritor(es) John Lennon
Cronoloxía
"Power to the People" "Imagine" "Happy Xmas (War Is Over)"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Imagine" é unha canción composta e interpretada polo músico inglés John Lennon. É o sinxelo máis vendido de toda a súa carreira e a súa letra anima ao oínte a imaxinar un mundo en paz sen as barreiras das fronteiras ou divisións de relixión ou nacionalidade, e a considerar a posibilidade de que a humanidade debería centrarse en ter unha vida sen atarse a posesións materiais.

Lennon e Yoko Ono co-produciron a canción e o álbum do mesmo nome con Phil Spector. A gravación comezou no estudio caseiro de Lennon en Tittenhurst Park, Inglaterra, en maio de 1971, realizando os overdubs finais no estudio Record Plant, en Nova York, durante o mes de xullo. Un mes despois do lanzamento do LP en setembro, Lennon publicou "Imagine" como sinxelo nos Estados Unidos; o tema chegou ao número 3 da lista Billboard Hot 100 e o álbum foi número 1 na lista británica en novembro, converténdose posteriormente no máis exitoso de toda a súa carreira. Aínda que orixinalmente non foi editado como sinxelo no Reino Unido, lanzouse en 1975 para promocionar un recompilatorio e acadou o número 6 das listas ese ano. Dende entón a cación vendeu máis de 1,6 millóns de copias no Reino Unido; chegaría ao primeiro posto tras o asasinato de Lennon en decembro de 1980. En 1985, instalouse un memorial nunha parte de Central Park cun mosaico onde se pode ler "Imagine" na honra a Lennon.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Central Park Conservancy (ed.). "Strawberry Fields". Consultado o 11 de febreiro de 2016.