Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maximiliano II
William Scrots 001.jpg
Rei de Bohemia
20 de setembro de 1562 – 12 de outubro de 1576
Predecesor Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Sucesor Rodolfo II, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Rei de Hungría e Croacia
8 de setembro de 1563 – 12 de outubro de 1576
Coroación 8 de setembro de 1563, Pressburg
Predecesor Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Sucesor Rodolfo II, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Coroación 20 de setembro de 1562, Praga
Nacemento 31 de xullo de 1527
Viena
Falecemento 12 de outubro de 1576
Ratisbona
Sepultura Praga, Catedral de San Vito
Cónxuxe/s María de Habsburgo
Descendencia Ana de Austria
Rodolfo II, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Arquiduque Ernesto de Austria
Sabela de Austria
Mateu, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Maximiliano III, Arquiduque de Austria
Alberte VII, Arquiduque de Austria
Proxenitores Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Anna de Boemia e Hungría

Maximiliano II de Habsburgo, tamén chamado Maximiliano II do Sacro Imperio Romano-Xermánico, nado en Viena o 31 de xullo de 1527 e finado en Ratisbona o 12 de outubro de 1576, foi coroado rei de Boémia en 1562, de Hungría e de Croacia en 1563 e Emperador do Sacro Imperio en 1564, e permaneceu nos cargos até súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ana de Bohemia e Fernando I de Habsburgo, que o precedeu como emperador do Sacro Imperio. Seu curmán, Filipe II, como fillo de Carlos V, tería normalmente accedido ao trono imperial, mais Maximiliano foi elixido en virtude dun acordo celebrado en 1553.

Maximiliano era considerado intelixente, tolerante e culto. Era padrón de artes e ciencias e decidiu transformar Viena nun gran centro intelectual.

Política relixiosa[editar | editar a fonte]

Maximiliano, que se denominaba "nin católico, nin protestante, só cristián", tiña amplos coñecementos sobre a relixión dos protestantes. Como emperador, asegurou liberdade aos luteranos e deploraba a intolerancia relixiosa francesa e hispánica.

Considerado por algúns como católico, e por outros como protestante. A súa declarada simpatía polos Luteranos e polos protestantes en xeral, fixo que, en 1562, se vira obrigado a xurar vivir e morrer na fe católica.

As políticas de Maximiliano sobre a neutralidade relixiosa e a paz no Imperio daba aos católicos e protestantes un espazo común de liberdade de culto tras as primeiras loitas da Reforma.

A pesar de decepcionar os príncipes protestantes alemáns pola súa negativa en investir nos bispados administrados por protestante con seus feudos imperiais, Maximiliano concedeu liberdade de culto á nobreza protestante, mentres traballaba para a reforma na Igrexa Católica. Entre as súas propostas de reforma, estaba unha que daba o dereito aos padres para se casaren, proposta que foi rexeitada por causa da oposición hispánica.

Títulos[editar | editar a fonte]

Arquiduque da Austria, duque de Carniola, duque da Carintia, duque de Landgrave da Alta Alsacia, duque da Baixa Alsacia, rei de Boemia, rei de Hungría e de Croacia e Emperador do Sacro Imperio.

Maximiliano II tamén era membro da Orde do Vélaro de Ouro e da Orde da Xarreteira.

Notas[editar | editar a fonte]