Drew Gooden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Drew Gooden
Drew Gooden Wizards.jpg
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 24 de setembro de 1981 (35 anos)
California Oakland, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Instituto El Cerrito (El Cerrito, California)
Universidade Kansas (1999–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 4

Por Memphis Grizzlies

Carreira dende 2002
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2002–2003)
Orlando Magic (2003–2004)
Cleveland Cavaliers (2004–2008)
Chicago Bulls (2008–2009)
Sacramento Kings (2009)
San Antonio Spurs (2009)
Dallas Mavericks (2009–2010)
Los Angeles Clippers (2010)
Milwaukee Bucks (2010–2013)
Washington Wizards (2014–2016)
Información en nba.com

Andrew Melvin "Drew" Gooden, nado o 24 de setembro de 1981 en Oakland, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gooden xogou de pivote no Instituto El Cerrito como senior, e liderou aos Gauchos en 1999 ao campionato California Interscholastic Federation Boys Division III.

Gooden foi un xogador dominante na Universidade de Kansas, facendo medias de 19,8 puntos e 11,4 rebotes por partido na tempada 2001-02. Foi a peza crave que levou a Kansas á Final Four, ademais de recoller varios premios individuais que lle galardoaban como o mellor universitario do ano.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na cuarta posición do Draft de 2002 por Memphis Grizzlies, aínda que foi traspasado a metade da súa primeira tempada na liga a Orlando Magic a cambio de Mike Miller. Na tempada 2004-05 fichou por Cleveland Cavaliers, facendo medias de 14,4 puntos e 9,2 rebotes por partido. Tras esta gran campaña, o baixada de rendemento de Gooden foi notorio, descendendo até os 10,7 puntos e 8,7 rebotes. Na súa terceira tempada cos Cavaliers non houbo síntomas de melloría, e mesmo a directiva da franquía barallou incluírlo nalgún traspaso. Ese traspaso chegou o 21 de febreiro de 2008, data na que foi enviado a Chicago Bulls nun intercambio a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics.

O 19 de febreiro de 2009, Chicago Bulls traspasou a Gooden, Andrés Nocioni, Michael Ruffin e Cedric Simmons a Sacramento Kings a cambio de John Salmons e Brad Miller. Tras xogar un partido cos Kings, foi cortado o 1 de marzo e aos dous días asinou con San Antonio Spurs. En xullo de 2009 asinou como axente libre con Dallas Mavericks.

O 13 de febreiro de 2010, Gooden foi traspasado a Washington Wizards xunto con Josh Howard, James Singleton e Quinton Ross a cambio de Caron Butler, Brendan Haywood e DeShawn Stevenson. Días despois, o 17 de febreiro, Gooden foi traspasado a Los Angeles Clippers como parte dun intercambio a tres bandas; Ilgauskas, unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič marchábanse de Cleveland Cavaliers a Washington Wizards; Antawn Jamison desde Washington a Cleveland Cavaliers; Al Thornton dos Ánxeles a Washington Wizards e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland. O 1 de xullo de 2010 asinou un contrato con Milwaukee Bucks por cinco anos e 32 millóns de dólares. O 16 de xullo de 2013, os Bucks cortaron a Gooden usando a cláusula de amnistía.

O 26 de febreiro de 2014, Gooden asinou un contrato de dez días cos Washington Wizards.[1] O 8 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Wizards.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]