Gran Guerra Patria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Gran Guerra Patria ou Gran Guerra Patriótica (ruso: Вели́кая Оте́чественная война́, Velikaya Otechestvennaya voyna[1]) é utilizado en Rusia e outros estados sucesores da Unión Soviética (excepto aqueles que forman parte da OTAN) para referirse ao conflito que tivo lugar entre o 22 de xuño de 1941 e o 9 de maio de 1945 en todas as frontes da Fronte Oriental da Segunda Guerra Mundial, entre a Unión Soviética e o Terceiro Reich e os países do Eixo.

A Gran Guerra Patria conmemorase desde o 11 de maio de 1945 incluíndo tamén a fin da Ofensiva de Praga.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O termo Guerra Patria refírese á resistencia rusa á invasión do Imperio Ruso por parte das tropas do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte, que pasou a ser coñecido como Guerra Patria de 1812. En ruso, o termo "отечественная война" orixinalmente refírese á guerra dentro do propio territorio (otechestvo significa "a Patria"), oposto ás campañas no estranxeiro (заграничная война),[3] e máis tarde interpretado como a guerra pola Patria. As veces, a Guerra Patria de 1812 é coñecida como a Gran Guerra Patria (Великая отечественная война); a frase apareceu por primeira vez pouco despois de 1844[4] e fíxose popular na véspera do centenario da guerra de 1812.[5]

Despois de 1914, a frase utilizouse para referirse á Primeira Guerra Mundial.[6] Foi o nome dun suplemento especial de guerra da revista Teatro e Vida (Театр и жизнь) en Petrogrado, e referíase á Fronte Oriental da Primeira Guerra Mundial]], onde Rusia loitou contra o Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro.[6] As frases Segunda Guerra Patria (Вторая отечественная война) e Gran Guerra Mundial da Patria (Великая всемирная отечественная война) tamén foron utilizados durante este período en Rusia.[6]

O termo Gran Guerra Patriótica reapareceu no xornal soviético Pravda o 23 de xuño de 1941, xusto o día despois que que tivera lugar a Operación Barbarroxa por parte do exercito nazi. Apareceu baixo o título A Gran Guerra Patriótica da xente sovética(Velikaya Otechestvennaya voyna sovetskogo naroda), nun longo artigo de Yemelyan Yaroslavsky, membro colexiado de editores de Pravda.[6] A frase pretendía motivar á poboación a defender á Patria soviética e repeler ao invasor; facer referencia así á Guerra Patriótica de 1812 supuxo un gran impulso para a moral.

O 20 de maio de 1942, creouse a Orde de Gran Guerra Patria, que outorgábase por feitos heroicos.

Uso[editar | editar a fonte]

O termo non foi moi utilizado fora do territorio da Unión Soviética. Hai unha diferenza significativa entre utilizar Gran Guerra Patria e Segunda Guerra Mundial, xa que o termo soviético non inclúe o período no que a URSS era aliada da Alemaña Nazi e invadiu seis países europeos (Polonia, Finlandia, Países Bálticos e Besarabia).[7] O termo tampouco fai referencia a invasión soviética de Irán en 1941 xunto a Gran Bretaña, a guerra do Pacífico contra o Xapón (que inclúe a Guerra sino-soviética de 1945) nin a Fronte Occidental.[2]

O 9 de abril de 2015 o Parlamento de Ucraína substituíu o termo Gran Guerra Patriótica por Segunda Guerra Mundial,[8] como parte dun conxunto de leis descomunizadoras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. azarí: Бөјүк Вәтән мүһарибәси; bielorruso: Вялікая Айчынная вайна; estoniano: Suur Isamaasõda; armenio: Մեծ Հայրենական պատերազմ; xeorxiano: დიდი სამამულო ომი; casaco: Ұлы Отан соғысы; kirguiz: Улуу Ата Мекендик согуш; lituano: Didysis Tėvynės karas; letón: Lielais Tēvijas karš; Modelo:Lang-mo; taxico: Ҷанги Бузурги Ватанӣ; turcomán: Бейик Ватанчылык уршы; tártaro: Бөек Ватан сугышы, ucraíno: Велика Вітчизняна війна, Velyka Vitchyznyana viyna'; uzbeco: Улуғ Ватан уруши
  2. 2,0 2,1 Federal Law № 5-ФЗ, 12 January 1995, "On Veterans"
  3. Por exemplo, nos libros publicados pouco despois do evento, a guerra foi nomeada como "Письма русского офицера о Польше, Австрийских владениях, Пруссии и Франции, с подробным описанием похода Россиян противу Французов в 1805 и 1806 году, также отечественной и заграничной войны с 1812 по 1815 год..." (Fyodor Glinka, Moscova, 1815–1816; o título traduciríase como "Cartas dun Oficial ruso en Polonia, os dominios Austríacos, Prusia e Francia; cunha detallada descrición da campaña rusa contra os franceses en 1805 e 1806, e tamén a guerra Patria e estranxeira de 1812 a 1815..." en: A. Herzen, Letters from France and Italy, 1847-1851, University of Pittsburgh Press, 1995, p. 272).
  4. Pode atoparse no ensaio de Vissarion Belinsky "Russian literature in 1843" first printed in magazine Otechestvennye Zapiski, vol. 32 (1844), see page 34 of section 5 "Critics" (each section has its own pagination).
  5. Por exemplo, moitos libros incluían a frase nos seus títulos como: П. Ниве, Великая Отечественная война. 1812 годъ, М., 1912; И. Савостинъ, Великая Отечественная война. Къ 100-лѣтнему юбилею. 1812—1912 г., М., 1911; П. М. Андріановъ, Великая Отечественная война. (1812) По поводу 100-лѣтняго юбилея, Спб., 1912.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 The dictionary of modern citations and catch phrases by K. V. Dushenko, 2006. (en ruso)
  7. Davies, Norman (2006). "Phase 1, 1939-1941: the era of the Nazi-Soviet pact". Europe at War 1939–1945: No Simple Victory. London: Macmillan. pp. 153–155. ISBN 9780333692851. OCLC 70401618. 
  8. Ukraine Purges Symbols of Its Communist Past, Newsweek, (10 April 2015)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]