Maria Szymanowska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Szymanowska

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Maria Agata Szymanowska Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Marianna Agata Wołowska Editar o valor em Wikidata
14 de decembro de 1789 Editar o valor em Wikidata
Varsovia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1831 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cólera Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMitrofanievskoe Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Petersburgo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePolonia
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo polaco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , salonnière , compositora , Virtuoso Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRomanticismo musical Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohn Field (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ63531324 Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosCelina Szymanowska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFilipina Brzezińska (cuñada) Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: b6be348d-a772-473d-87a9-59bbeba59b6e Discogs: 3553869 IMSLP: Category:Szymanowska,_Maria_Agata Find a Grave: 96970418 Editar o valor em Wikidata

Maria Szymanowska (pronuncia polaca: [ˈmarja ʂɨmaˈnɔfska]) de solteira Marianna Agata Wołowska, nada en Varsovia o 14 de decembro de 1789 e finada en San Petersburgo o 25 de xullo de 1831, foi unha compositora polaca e unha das primeiras virtuosas do piano do século XIX. Viaxou por toda Europa, especialmente na década de 1820, antes de instalarse definitivamente en San Petersburgo. Na capital do Imperio Ruso compuxo para a corte, deu concertos, ensinou música e xestionou un salón artístico, entre outras actividades.

Gran parte das súas composicións eran pezas de piano, cancións e pequenas obras de cámara, así como o primeiro concerto de estudos de piano e nocturnos de Polonia. Caracterizou o stile brillant da época anterior a Frédéric Chopin. Foi a nai de Celina Szymanowska, quen casou co poeta romántico polaco Adam Mickiewicz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marianna Agata Wołowska naceu no seo dunha familia acomodada polaca próspera con raíces xudías.[1][2] Un dos seus antepasados, Salomon Ben Elijah (ou Jacob ben Judah Leib/Jacob Leibowicz), foi o axudante persoal de Jacob Frank, líder dunha seita xudía.[3] O seu pai, Franciszek Wołowski, era terratenente e fabricante de cervexa. A súa nai, Barbara Wołowska (nada Lanckorońska), procedía dunha familia da nobreza polaca.[4]

Os datos sobre os seus primeiros anos e os seus estudos musicais son escasos. Parece que estudou piano con Antoni Lisowski e Tomasz Gremm,[5] e composición con Franciszek Lessel, Józef Elsner e Karol Kurpiński. O seu salón artístico era frecuentemente visitado por intelectuais e artistas excepcionais da época. Centrada na música desde unha idade temperá, asistiu a concertos de músicos famosos e, anos despois, tocou para eles na súa propia casa. En 1810 deu os seus primeiros recitais en público en Varsovia e París.

Ese ano casou con Józef Szymanowski, con quen tivo tres fillos mentres viviu en Polonia: Helena e os xemelgos Celina (quen casou con Adam Mickiewicz) e Romuald. Os nenos ficaron con Maria despois de separarse de Szymanowski en 1820. Posteriormente divorciáronse.

Szymanowska morreu de cólera na epidemia do verán de 1831 en San Petersburgo.[5]

Semella non haber relación familiar entre ela e Karol Szymanowski, considerado o compositor polaco máis famoso do século XX.[6]

Actuacións[editar | editar a fonte]

Szymanowska ao piano. Retrato de Aleksander Kokular

A súa traxectoria como pianista profesional empezou en 1815. En 1818 deu concertos en Inglaterra e entre 1823 e 1826 estivo de xira por Europa Occidental, con concertos públicos e privados en Alemaña, Francia, Inglaterra, Italia, Bélxica e Holanda. Deu varios concertos privados para a realeza. Só en 1824 en Inglaterra actuou na Royal Philharmonic Society o 18 de maio e no Hanover Square Rooms o 11 de xuño para a familia real presentes, así como outros recitais para os duques de Hamilton, Kent e Northumberland.

Entre 1822 e 1823 Szymanowska visitou varias cidades do Imperio Ruso, entre elas Moscova, Kíiv, Riga e San Petersburgo. Alí actuou na Corte Imperial e foi nomeada Primeira Pianista. Tamén en San Petersburgo Maria coñeceu o pianista austríaco Johann Nepomuk Hummel, con quen actuou.[7]

Os seus recitais tiveron moi boa acollida tanto da crítica como do público, o que lle valeu a fama de ter un ton delicado, un virtuosismo emocionante e liberdade operística. Foi unha das primeiras virtuosas do piano na Europa do século XIX e unha das primeiras pianistas en interpretar as pezas de memoria en público, unha década antes que Franz Liszt e Clara Schumann.[8] Tras anos de viaxes, viviu en Varsovia durante algún tempo antes de trasladarse a inicios de 1828 a Moscova e despois a San Petersburgo. Alí exerceu como pianista na corte da emperatriz Alexandra Feodorovna.

Composicións[editar | editar a fonte]

Szymanowska compuxo unhas 100 obras para piano. Como moitas compositoras do seu tempo, escribiu música principalmente para os instrumentos aos que tiña acceso, incluídas moitas pezas só para piano e miniaturas, cancións e algunhas obras de cámara. O estilo da súa obra é acotío encadrado no período pre-romántico stile brillant e no sentimentalismo polaco. Sławomir Dobrzański, un estudoso da pianista, describiu o seu talento e importancia histórica:

«Os seus estudos e preludios mostran un estilo compositivo innovador; o Nocturno en si bemol é a súa creación máis madura; as mazurcas de Szymanowska representan algunhas das primeiras tentativas de estilizar a danza; as obras Fantasía e Capricho conteñen un impresionante vocabulario da técnica pianística; as súas polonesas seguen a tradición do estilo creado por Michal Kleofas Ogiński. O estilo musical de Szymanowska é paralelo ao punto de partida de Frédéric Chopin; moitas das súas composicións tiveron un impacto obvio na madureza da linguaxe musical de Chopin».

Tense debatido o alcance da súa influencia no seu compatriota Chopin.[9] En calquera caso, a traxectoria de Szymanowska como pianista e compositora foi un impresionante prognóstico da súa, así como da extensa sona que tivo na Europa do século XIX. O seu virtuosismo como intérprete ampliou as súas habilidades técnicas como compositora.

Reputación[editar | editar a fonte]

Debido ao seu talle como intérprete e ao seu salón artístico, Szymanowska creou unha sólida rede de conexións con algúns dos compositores, intérpretes e poetas máis célebres do seu tempo. Entre eles atopábanse Ludwig van Beethoven, Luigi Cherubini, Frédéric Chopin, Gioachino Rossini, Johann Hummel, John Field, Pierre Baillot, Giuditta Pasta, Johann Wolfgang von Goethe e Adam Mickiewicz. Beethoven, Hummel e Field dedicáronlle algunhas das súas composicións. Rumoréase que Goethe namorara perdidamente dela.[10] O salón artístico de San Petersburgo atraeu un público especialmente numeroso, o que incrementou o seu status como música da corte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bellman, Jonathan (2010). Chopin's Polish Ballade: Op. 38 as Narrative of National Martyrdom (en inglés). Oxford University Press USA. p. 120. ISBN 9780195338867. 
  2. Goldberg, Halina (2008). Music in Chopin's Warsaw (en inglés). Oxford University Press. p. 183. ISBN 9780199357246. 
  3. Dobrzański, Sławomir (2006). Maria Szymanowska: pianist and composer (en inglés). Polish Music Center at USC. p. 27. ISBN 9780916545086. 
  4. Igor Boelza, Maria Szymanowska. Moscow: Nauka, 1956, 186 pages
  5. 5,0 5,1 Chapelle, Elisabeth Zapolska (2011). "Maria Szymanowska, a great talent bordering on madness". Piano (en inglés) 25. 
  6. "Szymanowska, Maria". Sophie Drinker Institut (en alemán). 
  7. Chechlińska, Zofia (2001). "Szymanowska [née Wołowska], Maria Agata". Grove Music (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.article.27327. 
  8. Swartz, Anne (2009). "Music, the economy and society: Szymanowska’s career path in Russia in the 1820s". Australian Slavonic and East European Studies (en inglés) 23 (1-2): 107–130. 
  9. Dobrzański, Sławomir (2002). "Maria Szymanowska and Fryderyk Chopin: Parallelism and Influence". Polish Music Journal (en inglés) 5 (1). ISSN 1521-6039. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. 
  10. Briscoe, James R., ed. (2004). New Historical Anthology of Music by Women (en inglés). Indiana University Press. pp. 126–127. ISBN 9780253216830. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]