Jacob Frank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacob Frank
Jakub Frank.jpg
Nacemento 1726
  Korolivka
Falecemento 10 de decembro de 1791
  Offenbach am Main
Nacionalidade Polonia
Etnia Pobo xudeu
Relixión Xudaísmo, Dönme e catolicismo
Ocupación Rabino
Fillos Eve Frank
editar datos en Wikidata ]
Album Cynkograficzne-05.jpg

Jacob Frank, nado en Korolivka (Podolia, actualmente en Ucraína) en 1726 e finado en Offenbach am Main o 10 de decembro de 1791 foi un comerciante xudeu de orixe polonesa, que afirmou ser o Mesías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacob Frank iniciouse no sabataísmo cando visitou os Balcáns. Ao retornar para o seu país, fundou unha seita clandestina cuxos adeptos observaban publicamente a lei xudaica, mais secretamente dedicábanse a prácticas sexuais prohibidas. Excomungado en 1756, Jacob Frank converteuse primeiro ao islamismo (durante unha visita a Turquía) e despois ao catolicismo, levando consigo o seu grupo. Jacob Frank non se limitou a rexeitar as restricións da Tora senón que abrazou claramente a inmoralidade. Frank, que fundou un grupo antinómico moi importante, buscaba practicar actos que violasen a dignidade humana.

En 1666, Sabbatai Zevi proclamouse o Mesías impartindo ensinanzas baseadas na Cábala. Os principios promulgados por Sabbatai Zevi foron implantados por Jacob Frank, que formou unha orde secreta con base nos principios do Sabataísmo. Os seguidores de Sabbatai Zevi formaron seitas de diversos nomes, entre elas o Frankismo, a partir do nome do seu líder, Jacob Frank.