O enfermo imaxinario
| O enfermo imaxinario | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O enfermo imaxinario[1] (en francés: Le malade imaginaire) é a última comedia escrita polo dramaturgo francés Molière. É unha comedia-ballet en tres actos (cada un con oito, nove e quince escenas, respectivamente), escrita en verso que foi representada no Teatro do Palacio Real[2] o 10 de febreiro de 1673 pola troupe de Molière. Inspírase na comedia da arte. A música é de Marc-Antoine Charpentier e os ballets de Pierre Beauchamp.
Foi traducida ó galego por Manuel Guede e Eduardo Alonso e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1986.[1] No ano 1987, foi publicado de novo con tradución de Guede e Alonso por Edicións Xerais na colección "Os libros do Centro Dramático".[3] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Guede e Alonso dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[4]
A música na obra
[editar | editar a fonte]A obra concibiuse nun principio con intermedios musicais ó final de cada acto, incluída a entronización final de Argan como médico. Ademais, Cléante e Angélique cantan unha pequena peza ó comezo do segundo acto. O autor recorreu a Marc-Antoine Charpentier para a composición.
A partitura, que se cría perdida, foi atopada nos arquivos da Comédie-Française por William Christie, quen a interpretou integralmente con Les Arts Florissants durante unha representación no teatro de Châtelet, o 16 de marzo de 1990.
Até ese momento, outros compositores trataron de ilustrar musicalmente a obra. Entre eles destaca Jacques Offenbach, en 1851.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 O enfermo imaxinario. Traducido por Manuel Guede e Eduardo Alonso (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1986. ISBN 84-9757-218-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Garreau, Joseph E. (1984). "Molière", pp. 397-418 en McGraw-Hill McGraw-Hill Encyclopedia of World Drama, Stanley Hochman, editor en xefe. Nova York: McGraw-Hill. ISBN 9780070791695.
- ↑ O enfermo imaxinario. Traducido por Manuel Guede e Eduardo Alonso (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1987. ISBN 84-7507-247-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ O enfermo imaxinario. Traducido por Manuel Guede e Eduardo Alonso (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-218-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O enfermo imaxinario |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garreau, Joseph E. (1984). "Molière", pp. 397–418 in McGraw-Hill Encyclopedia of World Drama, Stanley Hochman, editor en xefe. Nova York: McGraw-Hill. ISBN 9780070791695.