Manuel García Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Manuel García Paz
Manuel García Paz 1935.jpg
Nacemento 26 de maio de 1895
  Santiago de Compostela
Falecemento 1990
  Pozoblanco
Nacionalidade España
Ocupación latinista
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Paz, nado en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1895 e finado en Pozoblanco (Provincia de Córdoba) en 1990, foi un escritor e latinista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces.

Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).

Obra[editar | editar a fonte]

Na revista Nós publicou en 1931 O abade Mouriño .

En 1935 publicou a súa obra máis destacada, IV Melodía. Desfíe de ambente galego, novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]