Jacinto Santiago
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xuño de 1894 Arzádegos |
| Morte | 1 de novembro de 1936 Vilariño Frío |
| Causa da morte | paseo |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, político, mestre |
| Familia | |
| Irmáns | Silvio Santiago |
Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre da Escola Normal e da Escola de Artes e Oficios de Ourense, onde entrou como profesor de Matemáticas en 1925.
No ano 1919 xa comezara a publicar nos semanarios La República e La Zarpa, do que chegou a ser director, canda Roberto Blanco Torres. Cando reaparece La República en 1930, convértese no seu primeiro director. Tamén colaborou con distintos medios de prensa. Militou no Partido Republicano Radical Socialista,[1] do que foi elixido presidente da executiva de Ourense en xaneiro de 1933.[2]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ourense o 7 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.[3] De aí levárono a Celanova. O 1 de novembro sacárono da prisión para fusilalo en Vilariño Frío (Montederramo), onde finou, non se sabe se a consecuencia dos disparos ou dun ataque ao corazón momentos antes de ser fusilado.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 7-10-1932, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8.
- ↑ Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 836
- ↑ La Región, 12-4-1932, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tallón, Juan (1998). Jacinto Santiago. Escenario grotesco e exemplar. Ourense: Luis Rivas Villanueva. ISBN 84-605-8224-8.