Juan Tuñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Tuñas
Biografía
Nacemento(es) Juan Tuñas Bajeneta Editar o valor em Wikidata
17 de xullo de 1917 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 2011 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCuba Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Q23930917 Traducir
1933-1940 Deportivo Centro Gallego
1940-1941 Q23930917 Traducir
1941-1945 Real Club España Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1938-1938   Selección de fútbol de Cuba Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 1938Mundial de Fútbol Francia 1938 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 59206 Editar o valor em Wikidata
Juan Tuñas Bajeneta, alcumado "Romperredes", nado na Habana o 17 de xullo de 1917 e finado en Cidade de México o 4 de abril de 2011,[1] foi un xogador de fútbol cubano, de orixe galega. Está considerado por moitos como o mellor futbolista cubano da historia.[2][3] 

Gañou catro Campionatos Nacionais de Cuba (tres co DC Gallego e un co Juventud Asturiana), acabando catro veces como máximo goleador do campionato.

Debutou coa selección cubana aos 16 anos e foi o seu o maior artilleiro na súa época. Foi un dos 15 xogadores que formaron o equipo de Cuba que participou no Mundial de Fútbol de 1938 en Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun emigrante galego da parroquia de Aro, no concello de Negreira,[4] e dunha vasca,[5] Juan Tuñas deu os seus primeiros pasos como futbolista na década de 1930 xogando con seu irmán Manuel en equipos da Habana. Xogou no equipo infantil do Hispano América e en novembro de 1933 fichou polo Deportivo Centro Gallego,[6] co que gañou o campionato nacional en 1937, 1938 e 1939, sendo nas dúas últimas o máximo anotador da liga. Na tempada seguinte, 1940, pasou ao Juventud Asturiana, proclamándose de novo como máximo goleador do campionato. Na tempada 1941 gañou o Campionato co equipo ástur e volveu rematar como máximo anotador.

Era alcumado o “Romperredes” nos seus tempos polos seus canonazos e porque xogando co Juventud Asturiana fronte ao Puentes Grandes meteu dous goles a falta de dez minutos para o final, e, nun deles, recibiu un pase do galego Vizcaíno, pegoulle forte e rompeu a rede.

Tuñas xogou os tres encontros de Cuba na Copa Mundial de 1938, axudando ao equipo a chegar aos cuartos de final tras eliminar a Romania por 2-1 nun partido de desempate o 9 de xuño de 1938 en Tolosa, despois de que as dúas seleccións empatasen a 3 goles catro días antes no seu encontro de primeira rolda (oitavos de final) na mesma sede. Os cubanos foron eliminados por Suecia (8-0) nos cuartos de final en Antibes o 12 de xuño de 1938, pero o triunfo de Cuba ante Rumania foi o primeiro para unha selección da Concacaf nas Copas Mundiais.

Mudouse en 1941 a México e xogou como profesional no Real Club España gañando dous títulos da liga mexicana durante as tempadas de 1941-42 e 1944-45. En 1943 foi elixido mellor deportista cubano no estranxeiro.[5] Finalmente xogou no Club Deportivo Marte, onde se retirou. Na súa última tempada en México anotou 11 goles en liga.[7] En 1959, tras o triunfo da Revolución cubana, volveu á Habana para xogar, con máis de 40 anos, un partido simbólico a favor da Lei de reforma agraria.[5]

O 11 de decembro de 2005 recibiu na Habana a distinción Gloria do Deporte Cubano e realizou o saque de honra do partido entre o FC Ciudad de La Habana e o CF Granma no Estadio Pedro Marrero.[8]

Juan Tuñas viviu até os 93 anos en Cidade de México e faleceu o 4 de abril de 2011.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado Partidos Goles
Copa Mundial de Fútbol de 1938   Francia Cuartos de final 3 0

Nota[editar | editar a fonte]

  1. "Falleció el “Romperredes”". Granma (en castelán). 6 de abril de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  2. "El once ideal de futbolistas del Caribe" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  3. "Los cubanos en el Real Madrid" (en castelán). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  4. "Con bo pé". Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Cubano Juan Tuñas, ex mundialista más longevo de la CONCACAF" (en castelán). 24 de agosto de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2010. 
  6. "Acuerdos de la Federación de Fútbol de la Habana". Diario de la Marina (en castelán). 30 de novembro de 1933. 
  7. "Liga mexicana 1945/45". rsssf.com. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  8. Concacaf (Febreiro de 2006). "1938 World Cup vet returns to Cuba". Concacaf News (en castelán) 16 (1). Consultado o 10 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]