Macroprotodon brevis
Macroprotodon brevis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Case ameazada | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Macroprotodon brevis Günther, 1862 | |||||||||||||||||||
![]() Distribución de M. brevis[1]
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Macroprotodon brevis é unha especie de cobra da familia Colubridae.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un ofidio de cabeza relativamente curta, deprimida, e fociño especialmente curto, co ollo relativamente pequeno e pupila arredondada. É de corpo longo e cilíndrico coa cola relativamente curta cunha lonxitude total entre 148-598 mm. Ten coloración maiormente cincenta, cunha banda escura na cabeza en forma de uve e un colar nucal escuro, ten cinco liñas lonxitudinais de pequenas manchas escuras e o ventre de fondo branquecho ou de tons grises con manchas escuras con deseño axadrezado. A mancha en uve e o colar nucal son os mellores caracteres para o seu recoñecemento entre o resto dos colúbridos ibéricos.
Distribución
[editar | editar a fonte]É a especie que ten unha distribución máis occidental dentro do xénero Macroprotodon. No norte do Mediterráneo ocupa a metade meridional da Península Ibérica e no sur, o oeste de Marrocos.
Na Península, polo oeste, o seu límite norte sitúase en Portugal no río Tua tributario do Douro, a través deste río penetra en territorio español, no Parque natural de Arribes del Duero, provincia de Zamora (poboación actualmente illada). Foi detectada escasamente nos límites de Galicia, polo que aparece na Lista de réptiles de Galicia. Está ausente na maioría de Castela e León, porque só ocupa o extremo sur de Salamanca, non pasando cara ao norte do Sistema Central. Amplamente distribuída por Estremadura e o sur de Castela-A Mancha na cunca do río Guadiana, e en Serra Morena. Na metade sur de Portugal, e en Andalucía occidental, é abundante rarificándose progresivamente cara ao leste.
En xeral habita no cuadrante máis cálido e húmido da Península Ibérica, o suroccidental, e na metade sur ibérica está ausente das zonas con maior continentalidade.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Bioclimaticamente ocupa os pisos termo e mesomediterráneo, aínda que no sueste ibérico tamén o supramediterráneo, require solos relativamente brandos, ben estruturados, onde a súa actividade escavadora se vexa favorecida e con abundantes refuxios, normalmente pedras. Por esta razón adoitan atoparse preto de regatos ou puntos de auga, en claros de bosque ou zonas de devesas, en xeral en hábitat protexidos da estiaxe.
Esta cobra dificilmente se localiza no exterior, xa que agarda pola chegada da súas presas baixo as pedras que ocupa. Aliméntase exclusivamente de réptiles: Blanus cinereus representa o 50% das presas, ademais de Psammodromus algirus (na súa definición ampla tradicional) e P. hispanicus e Chalcides bedriagai, en xeral prefire presas de corpo alongado, minadoras ou sublapidícolas (viven baixo pedras).
Depredación
[editar | editar a fonte]Entre os réptiles, é depredada por Malpolon monspessulanus, entre as aves por Milvus milvus, e entre os mamíferos por Herpestes ichneumon. Pode ser caníbal.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Clasificada como "Case ameazada" (NT, baixo risco)[1] polo seu probable declive debido á ampla perda de hábitat en gran parte da súa área de distribución, debido á agricultura intensiva e a persecución polo ser humano. A recente proliferación do xabaril Sus scrofa, tamén lle afecta negativamente, ao ter unha frecuencia de reprodución bienal e un tamaño de posta reducida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Joger, U. & Sá-Sousa, P. 2005. Macroprotodon brevis Arquivado 03 de setembro de 2008 en Wayback Machine.. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ Uetz, P. & Jirí Hošek (ed.). "Macroprotodon brevis". Reptile Database. Reptarium. Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macroprotodon brevis |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macroprotodon brevis ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Macroprotodon brevis Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., no "Atlas de la biodiversidad" do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Ficheiro en pdf. Consultado o 16 de outubro de 2009.