Luc Besson
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Luc Paul Maurice Besson 18 de marzo de 1959 (65 anos) París, Francia |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
← David Cronenberg – Liv Ullmann → | |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema, escritor de literatura infantil, montador, produtor delegado, actor, director de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1981 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Virginie Silla (2004–) Milla Jovovich (1997–1999) Maïwenn (1992–1997) Anne Parillaud (1986–1991) |
Fillos | Satine Besson () Virginie Silla Juliette Besson () Anne Parillaud Shanna Besson () Maïwenn Talia Besson () Virginie Silla Mao Besson () Virginie Silla |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | lucbesson.fr → |
|
Luc Paul Maurice Besson, nado o 18 de marzo de 1959 en París, Francia, é un director, guionista e produtor francés de cinema. Entre as súas obras destacan Le Grand Bleu, Nikita, Léon, Le Cinquième Élément e Arthur et les Minimoys. Ten no seu haber numerosos premios de cinema tanto franceses como internacionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun matrimonio de monitores de submarinismo, criouse en Iugoslavia e Grecia. Por mor dun accidente de mergullo tivo que abandonar a idea de se converter en biólogo mariño e decidiu dedicarse ao cinema.
Despois de traballar coma asistente de dirección e de dirixir catro curtametraxes, debutou coma director en 1982 con Le dernier combat, un drama visual apocalíptico carente de diálogos ao longo de toda a cinta. En 1985 dirixiu o filme de xénero policiaco Subway, con Christopher Lambert e Isabelle Adjani coma protagonistas. Posteriormente rodou Le Grand Bleu en 1988, filme que trata sobre a apnea e que, a pesar de ser rexeitado maioritariamente pola crítica, se converteu nun filme de culto[Cómpre referencia].
En 1991 traballou con Anne Parillaud en Nikita, unha longametraxe sobre unha criminal que recibe formación por parte dos servizos secretos para devir unha asasina; o seu éxito nos Estados Unidos foi tal que o director John Badham rodou en 1993 unha segunda versión co título A asasina. O seu documental mariño Atlantis, de 1991, causou unha grande impresión pola calidade da súa fotografía[Cómpre referencia].
Besson traballou en numerosas producións co actor francés Jean Reno, quen interpretou entre outros o papel principal en Léon (1994), filme que supuxo o descubrimento de Natalie Portman. Igualmente, Besson destaca pola colaboración que fai nas bandas sonoras xunto a Eric Serra, quen compón a música para as súas obras. A custosa produción de ciencia ficción Le Cinquième Élément, de 1997, con Bruce Willis e Milla Jovovich nos papeis principais, foi un grande éxito de público. En 1999 rodou Jeanne d'Arc, unha película de corte histórico que recrea a vida da Doncela de Orleáns.
Co filme Arthur et les Minimoys, de 2006, Besson rodou a historia de catro volumes que el mesmo escribiu. Na versión inglesa contou coas voces de Madonna, Snoop Dogg e David Bowie, entre outros. En 2007 escribiu o guión de Taxi 4 e participou coma produtor no filme Flora Plum (2010), dirixido por Jodie Foster.
No ano 2000 fundou a empresa Europacorp para producir e distribuír filmes a nivel internacional.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Coma director
[editar | editar a fonte]- The Last Battle (1983)
- Subway (1985)
- Le Grand Bleu (1988)
- Nikita (1990)
- Atlantis (1991)
- Léon (1994)
- Le Cinquième Élément (1997)
- Jeanne d'Arc (1999)
- Angel-A (2005)
- Arthur et les Minimoys (2006)
- Arthur et la vengeance de Maltazard (2009)
- Les Aventures extraordinaires d'Adèle Blanc-Sec (2010)
Coma produtor
[editar | editar a fonte]- Wasabi (2001)
- Yamakasi (2001)
- 24 horas ó límite 2003
- Banlieue 13 (2004)
- Revolver (2005)
- Taken (2008)
- Home (2009)
- Taken 2 (2012)
Videoclips
[editar | editar a fonte]- Pull Marine : Isabelle Adjani (1983)
- Mon Légionnaire : Serge Gainsbourg (1988)
- Que mon coeur lâche : Mylène Farmer (1993)
- Love Profusion : Madonna (2003)