Saltar ao contido

Jeanne d'Arc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jeanne d'Arc
Imaxe
 Instancia de
 Título
Jeanne d'Arc (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de xaneiro de 2000 (Suecia)
27 de outubro de 1999 (Francia, Bélxica, Suíza)
12 de novembro de 1999 (Estados Unidos de América)
13 de xaneiro de 2000 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
 158 min Editar o valor en Wikidata
Custo85000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación66976317 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-260E-0000-P-0000-0000-0 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/048xyn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
54/100 Metacritic (19 de novembro de 2025)
31% Rotten Tomatoes (8 de novembro de 2024)
4.5/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0151137 Filmaffinity: 770784 Allocine: 67204 Rottentomatoes: m/messenger_the_story_of_joan_of_arc Mojo: messenger Allmovie: v181099 TCM: 436810 Metacritic: movie/the-messenger-the-story-of-joan-of-arc TV.com: movies/the-messenger-the-story-of-joan-of-arc Netlix: 26003546 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Jeanne d'Arc (tamén coñecido en inglés como The Messenger: The Story of Joan of Arc) é un filme francés dirixido por Luc Besson que se estreou en 1999. Está protagonizado por Milla Jovovich, John Malkovich, Faye Dunaway e Dustin Hoffman. O guión foi escrito por Besson e Andrew Birkin, e a banda sonora orixinal foi composta por Éric Serra.

Conta a historia de Xoana de Arco, heroína de guerra francesa e mártir relixiosa do século XV. A historia comeza cando Xoana presencia as atrocidades dos ingleses contra a súa familia, e a partir dese intre comeza a ter visións que a inspiran a liderar ós franceses contra as forzas de ocupación inglesas. O seu éxito na loita permite que Carlos VII sexa coroado rei de Francia. Posteriormente, Xoana é executada e queimada viva acusada de herexía.

O filme anterior de Besson, Le Cinquième Élément, tamén protagonizado por Jovovich, foi un éxito da crítica e de recadación, e tivo unha grande influencia na carreira de ambos. Jeanne d'Arc pretendía continuar co éxito e asentar o status de Besson e Jovovich na industria do cine.[1] Porén, recibiu malas críticas, e unha recadación inferior á agardada,[2] conseguindo $67 millóns sobre un orzamento de $60 millóns.

En 1412, nace en Domrémy (Francia) a Doncela de Orleáns. A guerra dos Cen Anos contra Inglaterra dura xa case un século e devastou Francia. Xoana é unha rapaza moi relixiosa, e despois de ter a súa primeira visión, volve ó seu fogar e atópase con que os ingleses acabaron coa súa familia. Algúns anos despois, completamente convencida de que Deus lle encomendou a misión de expulsar ós ingleses de Francia, vai ver ó Delfín, o futuro Carlos VII, que lle proporciona tropas para levantar o sitio de Orleáns.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  1. Hayward, p. 161.
  2. "Luc Besson". MSN. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 5 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hayward, Susan; Powrie, Phil (2009). The Films of Luc Besson: Master of Spectacle. Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-7029-7. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]