John Badham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Badham
Nacemento25 de agosto de 1939
Lugar de nacementoLuton
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino Unido
Alma máterUniversidade Yale e Indian Springs School
Ocupacióndirector de cinema, director de televisión e realizador
Na rede
http://www.johnbadham.com
IMDB: nm0000824 Allocine: 1928 Rottentomatoes: celebrity/john_badham Allmovie: p80361 TV.com: people/john-badham Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charles John Smith, nado o 25 de agosto de 1939 en Luton (Reino Unido), é un director de televisión, director de cine e produtor inglés residente nos Estados Unidos. Candidato a dous Premios Emmy, dirixiu películas como Saturday Night Fever (1977), Dracula (1979), Whose Life Is It Anyway? (1981), Bird on a Wire (1990), ademais de episodios de series de televisión como The Shield (2003), Crossing Jordan (2007) ou Heroes (2007).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Badham naceu en Luton, Reino Unido o 25 de agosto de 1939. Fillo da actriz británica Mary Iola Badham, e irmán da actriz Mary Badham. Súa nai casou con Henry Lee, un xeneral da Forza aérea dos Estados Unidos e executivo, quen o adoptou. A familia emigrou ao estado de Alabama, Estados Unidos en 1945. John obtivo a súa cidadanía estadounidense en 1950. Realizou os seus estudos básicos no colexio privado Indian Springs School, próximo á cidade de Pelham, en Alabama, continuando na Universidade Yale, en New Haven, Connecticut.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en numerosas ocasións, con Bonnie Hughes (1967-1979), coa que tivo un fillo; con Jan Speck (1983-1990) e coa súa actual esposa Julia Badham (1992-presente). Reside en Beverly Hills (California).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Filmografía destacada.
Ano Filme Notas
1971 The Bold Ones: The Senator (TV) 2 episodios
1975 The Law (TV)
1977 Saturday Night Fever
1979 Dracula
1983 Xogos de guerra
1986 Curtocircuíto
1987 Stakeout
1990 Bird on a Wire
1993 A asasina
2003 The Shield (TV) 3 episodios
2007 Crossing Jordan (TV) 2 episodios
Heroes (TV) 2 episodios
Las Vegas (TV) 2 episodios
2008 Meen in Trees (TV) 1 episodio
2009 Criminal Minds (TV) 1 episodio