Luís XII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Luís XII
Rei de Francia
Rei de Nápoles
Louis-xii-roi-de-france.jpg
Luís XII de Francia
Rei de Francia
7 de abril de 1498 - 1 de xaneiro de 1515
Predecesor Carlos VIII
Sucesor Francisco I
Duque da Bretaña
(Xunto a Ana da Bretaña)
(Como Luís II)
1499 - 1514
Predecesor Ana da Bretaña
Sucesor Claudia de Francia

Nacemento 27 de xuño de 1462
Blois
Falecemento 1 de xaneiro de 1515
París
Consorte Xoana de Valois
Ana da Bretaña
María Tudor
Descendencia

Con Ana da Bretaña (ver Primeiro matrimonio)

Casa real Valois-Orleans
Proxenitores Carlos I de Orleans - Adoptado por Luís XI os tres anos cando falece o seu proxenitor
María de Clèves

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,[1] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.

Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves neto do duque Luís de Valois (irmán menor do rei Carlos VI ), que foi asasinado en 1407 polo duque Xoán Sen Medo de Borgoña e bisneto de Carlos V de Francia. En 1465 ao quedar orfo foi adoptado polo rei Luís XI, ao mesmo tempo que recibía os títulos dos ducados de Valois e de Orleans. Casou por primeira vez en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Luís XI de Francia e de Carlota de Savoia. Con este matrimonio non tivo fillos polo que Luís consegue, en 1498, que o papa Alexandre VI anule o seu primeiro matrimonio (para iso deulle ao fillo de Alexandre, César Borgia o ducado de Valentinois) baseándose en que o casamento fora imposto por Luís XI. O matrimonio foi anulado a fin de permitir que casase coa viúva de Carlos, a ex reina consorte, Ana da Bretaña (1477-1514), que era a filla e herdeira de Francisco II de Bretaña, nunha estratexia destinada a integrar o ducado de Bretaña na monarquía francesa.

En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.

Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Ana da Bretaña, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron:

O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tivo fillos.

Morte[editar | editar a fonte]

Luís morreu o 1 de xaneiro de 1515, e foi enterrado na Basílica de San Denis. Debido á tradición da lei sálica, que non permitía ás mulleres herdar o trono de Francia, foi sucedido polo fillo do seu primo irmán, Francisco I (que tamén era o seu xenro), quen fundou a súa propia liña dinástica de reis franceses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid.
  • Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Rei de Francia

Segue a:
Carlos VIII
Luís XII de Francia
Precede a:
Francisco I
Dinastía de Valois