Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.
Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final xogouse ó mellor de 3 encontros. Nas semifinais e na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión aínda tivo que gañar 8 encontros para acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias: