Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza
Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza | |
---|---|
Tipo | club de atletismo |
Deporte | atletismo |
Data de fundación | 1985 |
Sede | A Pobra do Caramiñal |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza é un club deportivo galego, situado na Pobra do Caramiñal, na rúa Ulla, 3-1ºD desta localidade. As súas actividades deportivas realízanse no Estadio da Alta, en Cabío.
Historia[editar | editar a fonte]
Adscrito á Federación Galega de Atletismo, foi fundado en 1985 por Xosé Moure Muñiz, pai do exatleta e actual adestrador Abelardo Moure García. Na actualidade, Xosé Moure continúa a ser o seu presidente, e o seu fillo é o principal adestrador.[1]
Unha das principais competicións organizadas polo club é o Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas", no Estadio da Alta, organizado polo club, a Federación Galega de Atletismo e o concello da Pobra do Caramiñal, e a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no que se realizan concursos de 100, 200 e 400 metros lisos; lanzamentos de vortex e xavelina, triplo salto e salto de lonxitude, en diferentes categorías de idades, e con participantes femininos e masculinos.[2][3]
Unha das máis destacadas deportistas do club é Lidia Parada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da Federación Española de Ateltismo.
- ↑ Trofeo Atletismo Barbanza "Día das Letras Galegas. Web aproba.gal
- ↑ Club Ourense Atletismo Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |