Lebre europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lepus europaeus»)
Lebre europea
Lepus europaeus

Lebre europea en Frisia, Países Baixos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Lepus
Especie: L. europaeus
Nome binomial
Lepus europaeus
Pallas, 1778
Área de distribución da lebre europea (vermello: nativa; violeta: introducida)
Área de distribución da lebre europea
(vermello: nativa; violeta: introducida)

Área de distribución da lebre europea
(vermello: nativa; violeta: introducida)
Subespecies
Véxase o texto

A lebre europea (Lepus europaeus) é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos.

Ë unha das principais pezas de caza.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1778 por Peter Simon Pallas.[2][3] en Nova Spec. Quad. Glir. Ord.: 30.[2]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na especie recoñécense as subespecies seguintes:[2][3]

  • Lepus europaeus caspicus Hemprich & Erhenberg, 1832
  • Lepus europaeus connori Robinson, 1918
  • Lepus europaeus creticus Barrett-Hamilton, 1903
  • Lepus europaeus cyprius Barrett-Hamilton, 1903
  • Lepus europaeus cyrensis Satunin, 1905
  • Lepus europaeus europaeus Pallas, 1778
  • Lepus europaeus hybridus Desmarest, 1822
  • Lepus europaeus judeae Gray, 1867
  • Lepus europaeus karpathorum Hilzheimer, 1906
  • Lepus europaeus medius Nilsson, 1820
  • Lepus europaeus occidentalis de Winton, 1898
  • Lepus europaeus parnassius Miller, 1903
  • Lepus europaeus ponticus Ognev, 1929
  • Lepus europaeus rhodius Festa, 1914
  • Lepus europaeus syriacus Hemprich & Ehrenberg, 1832
  • Lepus europaeus transsylvanicus Matschie, 1901

Características[editar | editar a fonte]

É a lebre de maior tamaño das tres que habitan na Península Ibérica. Sen dimorfismo sexual acentuado, as femias son algo máis pesadas que os machos. As extremidades e as orellas son longas, estas últimas co extremo de cor negra (como toda as especies do xénero Lepus). A pelaxe é de cor parda amarelada, a excepción da zona ventral, que é abrancuxada.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

De orixe esteparia, vive sobre todo en zonas agrícolas despexadas, tanto nas chairas como nas mesetas e, excepcionalmente, tamén nos bosques de certa extensión, ou nas montañas. Altitudinalmente esténde desde o nivel do mar até a alta montaña, onde pode chegar até os 2 000 m.

Distribución[editar | editar a fonte]

Lebre europea nun billete dun rublo belaruso

A súa área de distribución natural abrangue case toda Europa (está ausente no norte da península Escandinava, de gran parte da Península Ibérica e dalgunhas illas do Mediterráneo. Tamén se encontra no Norte de África e en Asia Occidental. A súa área de expansión está medrando na actualidade, especialmente nos países da antiga URSS.

En España localízase desde a [[Cataluña|costa catalá] ao norte do Ebro, até a rexión central de Asturias, e desde o sur aragonés, os páramos burgaleses e palentinos até a fronteira de Francia.

Foi introducida no leste de América do Norte e en Sur (no Cono Sur), en Siberia, en Australia e en Nova Zelandia.

Costumes[editar | editar a fonte]

A diferenza do coello, a lebre ocúltase en depresións pouco profundas do solo, xa que conta para camuflarse coa súa coloración mimética. Con excepción do período de celo, vive solitaria. O celo dura de xaneiro a outubro, e os lebratos nacen xa cubertos de pelo e cos ollos abertos.

Depredadores[editar | editar a fonte]

Son presa habitual do lobo (Canis lupus), o raposo (Vulpes vulpes), o gato montés (Felis silvestris) de grandes aves rapaces.

Patoloxías[editar | editar a fonte]

Sofren diversas enfermidades, favorecidas polas repoboacións, como a síndrome da lebre parda, que provocou elevadas mortalidades en Europa e chegou a España en 1991 e a tularemia, doenza perigosa pola súa posíbel transmisión ao home.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Lepus europaeus na UICN|Lista vermella]] da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 30 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lepus (?Eulagos) europaeus Pallas, 1778,
  3. 3,0 3,1 Lepus europaeus Pallas, 1778 no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]