Longford
| Longford | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Longford (An Longfort en irlandés) é unha vila do Condado de Longford, en Irlanda. É a capital do condado homónimo. Conta cunha poboación próxima aos 13.000 habitantes.
Nome
[editar | editar a fonte]O seu nome vén do irlandés long (barco) e phoirt (porto).
Historia
[editar | editar a fonte]Construída na veira do Río Camlin (derivado do gaélico "Cam line" - a liña quebrada) que é un afluente do Río Shannon. A vila foi fundada orixinalmente polos viquingos co nome de Long Phoirt. Os habitantes celtas de Éire non construíron ningunha vila, mais a zona estaba controlada por un clan local, que controlaba o Sur e a parte central do Condado de Longford (antigo Reino de Anghaile ou Annaly). A vila é ás veces coñecida tamén polo nome de Longphort Uí Fhearghail (Fort de O'Farrell), un priorado Dominicano fundado en 1400.
A catedral de St. Mel é a sé da diocese católica de Ardagh e Clonmacnoise, foi destruída por un incendio no Nadal de 2009.