Wicklow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wicklow
Cill Mhantáin
Main Street Wicklow.jpg
Main Street de Wicklow en marzo de 2000.
Provincia Leinster
Condado condado de Wicklow
Poboación 10.070 hab.
Altitude 69 metros
Páxina web www.wicklow.ie
Localización de Wicklow na Irlanda
53° 20' 49" N 06° 15' 33" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Wicklow (en irlandés Cill Mhantáin) é unha vila da costa leste de Irlanda a 50 km ao sur de Dublín. Conta con algo máis de 10.000 habitantes e é a capital do Condado de Wicklow.

Nome[editar | editar a fonte]

A historia da vila comeza arredor do ano 795, data na que a vila é fundada polos viquingos. O nome de Wicklow deriva de Vikingalág, que significa en antigo nórdico pradeira dos viquingos. Outra hipótese é que o nome da vila pode ter a súa orixe en Wykynlo, que significa lago dos viquingos, que sería unha anglificación da anterior.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo da invasión normanda, Wicklow foille concedida a Maurice Fitzgerald, que se adicou á construción do Castelo Negro, unha fortificación que se atopa en ruínas en fronte da costa ao Sur do porto.

Os arredores do Condado de Wicklow é rica en monumentos da Idade de bronce. O máis antigo asentamento da cidade é a abadía franciscana, localizada no extremo Oeste da rúa principal, nos xardíns da parroquia católica.

Outros edificios notables son o Concello e o cárcere, construída en 1702 e renovado recentemente coma un centro de patrimonio e atracción turística. O rompeondas Oriente, posiblemente o edificio máis importante da cidade, foi construído na década de 1880 polos Comisarios do Porto de Wicklow. O arquitecto foi William George Strype e o construtor John Jackson de Westminster. O espigón do Norte completouse arredor de 1909 - John Pansing foi o deseñador e Louis Nott de Bristol, o construtor. O cárcere foi un lugar de execución ata o final do século XIX e foi onde Billy Byrne, líder da rebelión de 1798, encontrou a súa fin en 1799. El está homenaxeado cunha estatua na praza da cidade. A prisión pechou en 1924.

En Fitzwilliam Square, no centro da cidade de Wicklow hai un obelisco para conmemorar a carreira do capitán Robert Halpin, comandante da nave que estendeu o primeiro cable telegráfico transatlántico operatio, o Great Eastern, que naceu en Wicklow en 1836.