Mitch Richmond
Mitch Richmond | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 23, 2, 9 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Nacemento | 30 de xuño de 1965 (57 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Moberly Area CC (1984–1986) Kansas State (1986–1988) |
NBA Draft | 1988 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Golden State Warriors |
Tempadas | 1988–2002 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 20 497 (21,0 pp) |
Asistencias | 3 398 (3,5 pp) |
Roubos | 1 211 (1,2 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Mitchell James "Mitch" Richmond, nado o 30 de xuño de 1965 en Fort Lauderdale, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no quinto posto primeira rolda do Draft da NBA polos Golden State Warriors en 1988, onde xunto a Tim Haradaway e Chris Mullin formou o coñecido trío "Run T-M-C". No seu primeiro ano gañaría o premio ao Rookie do Ano. Tras tres tempadas no equipo californiano, marchou aos Sacramento Kings. Alí seía 6 veces All-Star e unha vez MVP do partido. En recoñecemento á súa achega, os Kings retiraron o seu dorsal co número 2. No seu último ano na liga profesional conseguiría gañar o anel de campión cos Lakers. En 2014, doce anos despois da súa retirada, foi seleccionado para formar parte do Basketball Hall of Fame. A nivel internacional, gañaría un ouro olímpico coa selección dos Estados Unidos en 1996. Alcumado "The Rock", foi a portada do videoxogo NBA Live 97.
Logros[editar | editar a fonte]
- Unha vez Campión da NBA (2002).
- Seis veces All-Star da NBA (1993–1998).
- Unha vez MVP do All-Star da NBA (1995).
- Tres veces no Segundo equipo da NBA (1994–1995, 1997).
- Dúas veces no Terceiro equipo da NBA (1996, 1998).
- Rookie do Ano da NBA (1989).
- Primeiro equipo Rookie (1989).
- Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (2014).
- Número 2 retirado por Sacramento Kings.
- Un Ouro olímpico (1996).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1965
- Nados en Florida
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Escoltas de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Rookie do Ano da NBA
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto