Saltar ao contido

Kazimierz Świątek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Eminencia Editar o valor en Wikidata
Kazimierz Świątek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Valga Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xullo de 2011 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Pinsk Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral Basílica da Asunción da Virxe María Editar o valor en Wikidata
Cardeal presbítero
26 de novembro de 1994 – 21 de xullo de 2011 (morte)
Arcebispo de Minsk-Mahilioŭ
21 de maio de 1991 – 14 de xuño de 2006 (xubilación)
← Zygmunt Łoziński – Tadeusz Kondrusiewicz →
Administrador apostólico
13 de abril de 1991 – 30 de xuño de 2011
President of the Conference of Catholic Bishops of Belarus (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo polaco Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónGymnázium Tadeusze Rejtana (en) Traducir
Wyższe Seminarium Duchowne w Pińsku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1991–), sacerdote católico (1939–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónTadeusz Kondrusiewicz Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 73692572 Editar o valor en Wikidata

Kazimierz Świątek (en belaruso: Казімір Свёнтак, "Kazimir Sviontak"), nado o 21 de outubro de 1914 en Valga (Imperio Ruso, hoxe Estonia) e finado o 21 de xullo de 2011 en Pinsk (Belarús), foi un eclesiástico e cardeal católico latino de etnia polaca, que exerceu o seu labor pastoral principalmente en Belarús. Foi arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ entre 1991 e 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Świątek, o maior de dous irmáns, naceu de pais polacos o 21 de outubro de 1914 en Valga, entón parte do Imperio Ruso (hoxe Estonia).[1][2][3][4] Xunto a súa nai e ao seu irmán, foron deportados a Siberia durante a Revolución Rusa de 1917,[2] e o seu pai morreu loitando na guerra polaco-soviética. A partir de 1922, Kazimierz Świątek viviu en Polonia, onde logo de completar os seus estudos de Filosofía e Teoloxía no seminario de Pinsk,[2] foi ordenado sacerdote o 8 de abril de 1939[1][3] polo bispo de Pinsk Kazimir Bukraba; posteriormente traballou nunha parroquia de Pružany.[4]

A Unión Soviética ocupou Pinsk logo da división de Polonia pactada entre nazis e soviéticos en 1939. Świątek foi arrestado pola NKVD en abril de 1941, e permaneceu no corredor da morte en Brest por dous meses, nos que foi brutalmente interrogado.[3][4] Świątek fuxiu da cadea aproveitando a confusión creada pola invasión nazi da Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, e volveu a Pružany.[1][3][4] En decembro de 1944, a NKVD arrestouno novamente.[2] Ao ano seguinte foi sentenciado a 10 anos de traballos forzados nun campo de concentración.[2][3] Pasou dous anos en Mariinsk (Kemerovo) e oito en Vorkutlag no norte de Rusia, traballando na taiga e nas minas de carbón; as condicións de traballo eran de frío extremo, e Świątek sufriu secuelas nas pernas e na cara.[3][4] Durante este tempo, celebraba misa en segredo, empregando unha cunca cerámica como cáliz, e agochando a eucaristía nunha caixa de mistos para distribuíla aos reclusos.[4] Foi liberado en xuño de 1954, e volveu a Pinsk, onde foi párroco da catedral.[1][2][4]

En 1988 o papa Xoán Paulo II nomeouno monseñor, e en 1989 foi nomeado vigairo xeral.[1][4] O mesmo papa nomeouno en 1991 arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ e administrador apostólico de Pinsk.[1][2][4] No consistorio do 26 de novembro de 1994 creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Gerardo Maiella.[1][2][4][5]

Foi tamén elixido primeiro presidente da Conferencia dos Bispos Católicos de Belarús.[2][4] Como figura máis recoñecida da Igrexa en Belarús, mantivo unha posición coidadosa co réxime de Lukašenka, evitando entrar en temas políticos, mais manténdose firme cos que tiñan implicación relixiosa.[4]

En xullo de 2006, o papa Bieito XVI aceptou a renuncia de Świątek, xa con 91 anos de idade, ao cargo de arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ, mais permaneceu como administrador apostólico de Pinsk até o 30 de xuño de 2011. Nese momento, a Igrexa medrara en Belarús, chegando ás 400 parroquias e aos case 400 sacerdotes nativos.[4] Finou pouco despois, o 21 de xullo do mesmo ano.[6]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 Lentz III, Harris M. (2009). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland. p. 183. ISBN 9781476621555.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Nir, Roman; Szczerbiński, Marek; Wasilewski, Krzysztof (2012). W nieustannej trosce o polską diasporę (en polaco). Polska w Świecie. p. 133. ISBN 9788393351015.
  3. 1 2 3 4 5 6 O'Grady, Desmond (1995). The Turned Card: Christianity Before and After the Wall (en inglés). Gracewing Publishing. pp. 39–40. ISBN 9780852443033.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Luxmoore, Jonathan (5 de outubro de 2011). "The cardinal who triumphed over Stalin". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2017. Consultado o 23 de maio de 2017.
  5. ↑ Weigel, George (2009). Witness to Hope: The Biography of Pope John Paul II (en inglés). Zondervan. p. 738. ISBN 9780061758645.
  6. ↑ Wooden, Cindy (22 de xullo de 2011). "Cardinal who survived gulag dies aged 96". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 23 de maio de 2017.
  7. ↑ "Glaube in der 2. Welt: G2W". Glaube in der 2. Welt: G2W (en alemán) (Zúric) 35. 2007. ISSN 0254-4377.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Królak, Stanisław M (2016). "Wierność powołaniu – ksiądz Kazimierz Świątek (1914-2011)". Rocznik Teologii Katolickiej (en polaco) (Wydawnictwo Uniwersytetu w Białymstoku) XV (1): 149–179. ISSN 1644-8855. doi:10.15290/rtk.2016.15.1.10. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
(administrador apostólico)
 Arcebispo metropolitano de Minsk-Mahilioŭ 
1991 - 2006
Sucesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
Predecesor:
Władysław Jędruszuk
 Administrador apostólico de Pinsk 
1991 - 2011
Sucesor:
Tadeusz Kondrusiewicz