Wincenty Kluczyński
Wincenty Kluczyński | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa católica latina (Igrexa católica) | |
Biografía | |
Nacemento | 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna, Imperio Ruso |
Pasamento | 23 de febreiro de 1917 en Alupka, gobernación de Táurida, Imperio Ruso |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 30 de setembro de 1871, por Motiejus Valančius |
Consagración episcopal | 29 de maio de 1910, por Gasparas Cirtautas |
Arcebispo de Mahilioŭ | |
1910 - 1914 | |
Predecesor | Apolinary Wnukowski |
Sucesor | Eduard von der Ropp |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Wincenty Kluczyński, nado o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna (hoxe en Belarús) e finado o 23 de febreiro de 1917 en Alupka (Crimea), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo de Mahilioŭ entre 1910 e 1914.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna, o maior dos tres fillos de Adolf Kluczyński e Franciszka Korsak. Cursou a súa educación en Daugavpils, e en 1865 entrou no seminario de Vilnius. En 1867 pasou á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo, onde se graduou en Teoloxía en 1871 e foi ordenado sacerdote o 30 de setembro do mesmo ano polo bispo de Samoxicia Motiejus Valančius. Posteriormente comezou a exercer de profesor no seminario de Vilnius.
Como confesor de Bronisława Stankowicz, comezou en 1889 co estabelecemento da Congregación das Irmás dos Anxos en Vilnius. O 7 de abril de 1910 foi nomeado arcebispo de Mahilioŭ, recibindo a consagración episcopal o 29 de maio de Gasparas Cirtautas, e tendo como co-consagrantes a Jan Cieplak e Stefan Denisewicz. Como arcebispo dunha diocese que abranguía case a totalidade de Rusia, sufriu o acoso das autoridades tsaristas. Dirixiu a diocese até que o papa Bieito XV aceptou a súa resignación o 22 de setembro de 1914, nomeándolle arcebispo titular de Philippopolis in Thracia. Até a súa morte permaneceu principalmente en Crimea, onde finou o 23 de febreiro de 1917. Logo do seu pasamento foi enterrado en San Petersburgo. En 1929 o seu corpo foi trasladado a Vilnius e enterrado na catedral o 17 de abril.
Veneración[editar | editar a fonte]
O bispo de Viciebsk Władysław Blin, por petición das Irmás dos Anxos comezou o proceso de beatificación de Kluczyński, nomeando como postulador ao mariano Adam Sikorski.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sikorski, Adam. "Abp Wincenty Kluczyński - kandydat na ołtarze z Białorusi" (en polaco).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rutkowski, Franciszek (1929). Ksiądz Wincenty Kluczyński: Arcybiskup Metropolita Mohylowski, Administrator Apostolski Diecezji Mińskiej 1847-1917 (kilka rysów i wspomnień).