Apolinary Wnukowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apolinary Wnukowski
Wnukowski.jpg
Arcebispo da Igrexa católica latina (Igrexa católica)
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1848
Pasamento21 de maio de 1909
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de xuño de 1872
Consagración episcopal13 de novembro de 1904, por Jerzy Józef Szembek
Arcebispo de Mahilioŭ
1908 - 1909
PredecesorJerzy Józef Szembek
SucesorWincenty Kluczyński
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Apolinary Wnukowski, nado o 23 de xullo de 1848 e finado o 21 de maio de 1909, foi un eclesiástico católico latino polaco, bispo de Płock entre 1904 e 1908, e arcebispo metropolitano de Mahilioŭ dende 1908 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 23 de xullo de 1848 en Khotyn, entón parte da gobernación de Besarabia do Imperio Ruso (hoxe na rexión de Chernivtsi, Ucraína), fillo de Maciej e Anna (de apelido de solteira Wojnarowska).[1] Estudou en Kamianets-Podilskyi e posteriormente ingresou en 1865 no seminario da mesma cidade.[1] Cando o seminario foi abolido polo goberno ruso, trasladouse a Zhitómir, e posteriormente á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo.[1] O 15 de xuño de 1872 foi ordenado sacerdote.[1] Á súa volta a Zhitómir foi profesor no seminario, secretario da curia episcopal e, a partir de 1898, reitor do seminario e párroco da catedral.[1]

O 24 de abril de 1904 foi nomeado bispo de Płock. Recibiu a consagración episcopal o 13 de novembro do mesmo ano, de mans do arcebispo metropolitano de Mahilioŭ Jerzy Józef Szembek, e tendo como co-consagradores principais ao bispo de Vilnius Eduard von der Ropp e ao bispo de Cuiavia-Kalisz Stanisław Kazimierz Zdzitowiecki.[1][2] Como bispo tivo que afrontar o problema dos mariavitas na súa diocese.[1]

O 16 de xuño de 1908 foi nomeado arcebispo metropolitano de Mahilioŭ.[3] Finou no cargo o 21 de maio de 1909.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Nowowiejski, Antoni Julian (1917). Plock: monografja historyczna [Plock: monografía histórica] (en polaco). Rosiński. pp. 66–67. 
  2. Prokop, Krzysztof Rafał (2005). "Konsekracje i sukcesja apostolska ordynariuszy oraz sufraganów płockich w XIX i XX stuleciu (1805-1999)" [Consagración e sucesión apostólica dos ordinarios e sufragáneos de Płock nos séculos XIX e XX (1805-1999)]. Studia Płockie (Płocki Instytut Wydawniczy) 33: 192. ISSN 0137-4362. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2020. [...] gdy z kolei stolica w Płocku przypadła z dniem 1IV 1904 rektorowi seminarium w Żytomierzu, 56-letniemu Apolinaremu Wnukowskiemu. Tak jak jego bezpośredni poprzednik, również on święcenia biskupie przyjął w Sankt Petersburgu, w kościele św. Katarzyny Aleksandryjskiej, które to wydarzenie miało miejsce 13 XI (31 X starego stylu) 1904. Właśnie też nowy metropolita Jerzy Józef Szembek, niedawny rządca Kościoła płockiego, był głównym konsekratorem swego następcy, zaś w charakterze współkonsekratorów wystąpili ordynariusze: wileński Edward Ropp i kujawsko-kaliski (włocławski) Stanisław Kazimierz Zdzitowiecki [[...] cando a sé de Płock foi asignada o 1 de abril de 1904 ao reitor do seminario de Żytomierz, Apolinary Wnukowski, de 56 anos. Como o seu inmediato antecesor, foi ordenado bispo en San Petersburgo, na igrexa de St. Catarina de Alexandría, e tivo lugar este evento o 13 de novembro (31 de outubro, ao estilo antigo) de 1904. Foi o novo metropolitano Jerzy Józef Szembek, anterior administrador da diocese de Płock, o principal consagrador do seu sucesor, e os ordinarios que actuaron como co-consagradores foron: o de Vilnius Edward Ropp, e o de Cuiavia-Kalisz Stanisław Kazimierz Zdzitowiecki] 
  3. Ledit, Joseph (1963). Archbishop John Baptist Cieplak. Palm Publishers. p. 17. 
  4. Ledit, Joseph (1963). Archbishop John Baptist Cieplak. Palm Publishers. p. 22.