Arquidiocese católica latina de Minsk-Mahilioŭ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ
Archidioecesis Minscensis-Mohiloviensis Latinorum
Minsk Catholic Mary church.jpg
Datos xerais
Erixida15 de abril de 1783 (Mahilioŭ)
9 de agosto de 1798 (Minsk)
LocalizaciónBelarús
SufragáneasHrodna, Pinsk, Viciebsk
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

210.000 (4,4%)
4 800 000
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoTadeusz Kondrusiewicz
Outros datos
BelarusMienskMahiliouArchdiocese.png

A arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 tiña 210.000 bautizados sobre unha poboación total de 4 800 000 habitantes. Dende 2007, o seu arcebispo é Tadeusz Kondrusiewicz.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue as rexións belarusas de Minsk e Mahilioŭ, e a propia cidade autónoma de Minsk. Limita ao leste coa arquidiocese de Moscova, ao norte coa diocese de Viciebsk, ao oeste coa diocese de Hrodna e ao sur coa diocese de Pinsk.

A sé arcebispal é a cidade de Minsk, onde está a catedral de Santa María Virxe. En Mahilioŭ está a concatedral da Asunción da Virxe e Santo Estanislau.

O territorio está organizado en 6 vigairías e en 89 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

Arquidiocese de Mahilioŭ[editar | editar a fonte]

O 15 de abril de 1783, co breve Onerosa pastoralis officii cura do papa Pío VI, foi erixida a arquidiocese de Mahilioŭ, en territorios até entón pertencentes á diocese de Smolensk e á diocese de Livonia. O 9 de agosto de 1798 cedeu territorio para erixir a diocese de Minsk, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.

En 1818 gañou territorios da suprimida diocese de Smolensk.

O 3 de xullo de 1848 cedeu territorios para erixir a diocese de Kherson.

En 1917 cedeu a xurisdición sobre os grecocatólicos para erixir o exarcado apostólico de Rusia.

O 22 de setembro de 1918 cedeu territorios para erixir a diocese de Riga.

O 8 de xuño de 1920 cedeu territorios para erixir a vigairía apostólica de Finlandia.

O 1 de xaneiro de 1921 cedeu territorios para erixir a vigairía apostólica de Siberia.

Diocese de Minsk[editar | editar a fonte]

O 9 de agosto de 1798 foi erixida a diocese de Minsk, orixinalmente sufragánea da arquidiocese de Mahilioŭ, e formada en territorios pertencentes á mesma.

Arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ[editar | editar a fonte]

O 13 de abril de 1991 o papa Xoán Paulo II, coa bula Ex quadam, uniu ambas sés, unidas xa in persona episcopi entre 1869 e 1917. A nova sé metropolitana cedeu tamén territorio para erixir a administración apostólica de Novosibirsk.

O 13 de outubro de 1999 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Viciebsk.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Arcebispos metropolitanos de Mahilioŭ[editar | editar a fonte]

Bispos de Minsk[editar | editar a fonte]

Arcebispos metropolitanos de Minsk-Mahilioŭ[editar | editar a fonte]