Antonij Dziamjanka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Антоній Дзям'янка
(Antonij Dziamjanka)
Antoni Dziemianko.jpg
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1960 en Zabroddzie, distrito de Stoŭbcy, rexión de Minsk, RSS de Belarús
Ordes
Ordenación sacerdotal28 de outubro de 1980, por Vincentas Sladkevičius
Consagración episcopal29 de setembro de 1998, por Kazimierz Świątek
Bispo de Pinsk
2012 - actualidade
PredecesorTadeusz Kondrusiewicz
(administrador apostólico)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Antonij Dziamjanka (en belaruso: Антоній Дзям'янка), nado na parroquia de Zabroddzie (distrito de Stoŭbcy, rexión de Minsk, RSS de Belarús) o 1 de xaneiro de 1960, é un eclesiástico católico latino belaruso, dende 2012 bispo de Pinsk.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na pequena parroquia rural de Zabroddzie, no distrito de Stoŭbcy da República Socialista Soviética de Belarús, o 1 de xaneiro de 1960. O 28 de outubro de 1980 foi ordenado sacerdote por Vincentas Sladkevičius. Comezou o seu ministerio na clandestinidade en varias parroquias. Entre 1982 e 1984 realizou o servizo militar, e entre 1985 e 1998 foi párroco en Navahrudak.

O 4 de xullo de 1998 foi nomeado bispo auxiliar de Hrodna e bispo titular de Lesvi. Recibiu a ordenación episcopal o 29 de setembro de mans do arcebispo de Minsk-Mahilioŭ Kazimierz Świątek.

O 14 de decembro de 2004 foi nomeado bispo auxiliar de Minsk-Mahilioŭ, e o 14 de xuño de 2006 administrador apostólico de dita sé.

O 3 de maio de 2012 foi nomeado bispo de Pinsk.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(non procede)
 Bispo auxiliar de Hrodna 
1998 - 2004
Sucesor:
(non procede)
Predecesor:
(non procede)
 Bispo auxiliar de Minsk-Mahilioŭ 
2004 - 2012
Sucesor:
(non procede)
Predecesor:
Kazimierz Świątek
(arcebispo)
 Administrador apostólico de Minsk-Mahilioŭ 
2006 - 2007
Sucesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
(arcebispo)
Predecesor:
Tadeusz Kondrusiewicz
(administrador apostólico)
 Bispo de Pinsk 
2012 - actualidade
Sucesor:
No cargo