Saltar ao contido

Zygmunt Łoziński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZygmunt Łoziński

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Baracin Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Pinsk Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral Basílica da Asunción da Virxe María Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic Bishop of Pinsk (en) Traducir
28 de outubro de 1925 – 26 de marzo de 1932 – Kazimierz Bukraba 
Bispo de Minsk
2 de novembro de 1917 – 28 de outubro de 1925
 Adam Wojtkiewicz
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Teolóxica Imperial de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMinisterio eclesiástico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1918–), sacerdote católico (1895–), clérigo, bispo diocesano, párroco, bispo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia Teolóxica Imperial de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAleksander Kakowski Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Familia
FamiliaŁoziński family of the Lubicz coat of arms (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePolski Słownik Biograficzny Editar o valor en Wikidata

Zygmunt Konstanty Antoni Łoziński, nado o 5 de xullo de 1870 en Baracin (Imperio Ruso, hoxe Belarús) e finado o 26 de marzo de 1932 en Pinsk (RSS de Belarús), foi un bispo da Igrexa católica latina polaco, bispo de Minsk entre 1917 e 1925, e posteriormente bispo de Pinsk até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zygmunt Łoziński naceu o 5 de xuño de 1870 en Baracin, preto de Navahrudak, entón parte da gobernación de Grodno do Imperio Ruso.[1][2] Estudou en Varsovia e posteriormente en San Petersburgo, onde se graduou pola Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo en 1891.[1][2]

Foi ordenado sacerdote o 23 de xuño de 1895, e pasou a exercer a docencia no seminario e nunha escola secundaria en San Petersburgo.[1][2] Posteriormente foi sentenciado por "patriotismo polaco" polas autoridades rusas o 17 de novembro de 1898 a tres anos de reclusión nun convento en Aglona (Letonia).[1] En 1900 foi nomeado vigairo parroquial en Smolensk e posteriormente reasignado a Tula en 1901, a Riga en 1902, e a Minsk en 1904.[1][2] En 1905 Łoziński foi nomeado reitor da catedral de Minsk. En 1906 volveu a San Petersburgo, dando clases de Hebreo e Estudos bíblicos na Academia Católica.[1] Entre 1909 e 1911 acompañou a Jan Cieplak, bispo auxiliar de Mahilioŭ, na súa visita ás diferentes parroquias do Imperio.[1] A partir de 1912 continuou os seus estudos en Alemaña, Roma e Terra Santa.[1]

O papa Bieito XV nomeouno bispo de Minsk o 2 de novembro de 1917.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 28 de xullo de 1918 en Varsovia, de mans do cardeal Aleksander Kakowski.[1][2] Comezou a súa tarefa reorganizando a diocese e comezando a estrutura do Seminario Teolóxico de Minsk.[2] Logo da ocupación da cidade polos bolxeviques, as autoridades soviéticas arrestárono o 1 de agosto de 1920 acusado de "contrarrevolucionario" pero foi liberado o 11 de agosto.[1][2] Foi arrestado novamente o 4 de setembro e retido prisioneiro en Moscova durante 11 meses, e logo foi expulsado a Polonia, onde residiu en Navahrudak a partir de 1922.[1][2] O papa Pío XI nomeouno o 2 de decembro de 1925 bispo de Pinsk, e foi tamén profesor no seminario local.[1] Malia ser patriota polaco, introduciu o uso do belaruso na liturxia.[1] Finou o 26 de marzo de 1932.[1][2]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Foi condecorado coa Orde da Aguia Branca e coa Cruz do Valor de Polonia.[3]

O proceso de beatificación comezou en Pinsk e no Vaticano. O proceso informativo comezou en 1957 e rematou en 1962.[1][2] O 4 de decembro de 1980 foi nomeado Servo de Deus.

A Congregación para as Causas dos Santos recibiu a positio en 1990, e os teólogos da congregación aprovaron a causa o 10 de decembro de 1992. O 2 de abril de 1993 o papa Xoán Paulo II declarouno Venerable.[2]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium [O destino do clero católico na URSS 1917-1939: martiroloxio] (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. pp. 332–334. ISBN 9788386668670.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Вінтоў, Яўген (30 de xullo de 2018). "100 гадоў таму Слуга Божы Зыгмунт Лазінскі стаў біскупам" [100 anos dende que o Servo de Deus Zygmunt Łoziński se converteu en bispo]. Catholic.by (en belaruso). Arquidiocese católica latina de Minsk-Mahilioŭ. Consultado o 18/04/2022.
  3. Męclewska, Marta; Szczecina, Anna; Zawadzki, Michał, eds. (2005). Za ojczyznę i naród: 300 lat Orderu Orła Białego: wystawa w Zamku Królewskim w Warszawie 9 listopada 2005 - 31 stycznia 2006 [Pola patria e a nación: 300 anos da Orde da Aguia Branca: exposición no Castelo Real de Varsovia, 9 de novembro de 2005 - 31 de xaneiro de 2006] (en polaco). Arx Regia Ośrodek Wydawniczy Zamku Królewskiego. p. 447. ISBN 9788370221515.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Naruszewicz, Pietro (1982). Sigismondo Łoziński: eroico testimone di fede incomodo a molti, ma caro al Signore. Roma: Abilgraf. 
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Adam Wojtkiewicz
 Bispo de Minsk 
1917 - 1925
Sucesor:
Boļeslavs Sloskāns
(administrador apostólico)
Predecesor:
(non houbo)
 Bispo de Pinsk 
1925 - 1932
Sucesor:
Kazimierz Bukraba