Jan Cieplak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jan Cieplak
Jan Feliks Cieplak.jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
(Igrexa Católica)
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1857 en Dąbrowa Górnicza, Reino de Polonia
Pasamento17 de febreiro de 1926 en Passaic, Nova Jersey
Ordes
Ordenación sacerdotal24 de xullo de 1881
Consagración episcopal20 de decembro de 1908, por Apolinary Wnukowski
Arcebispo de Vilnius
1925 - 1926
PredecesorJurgis Matulaitis-Matulevičius
SucesorRomuald Jałbrzykowski
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Jan Feliks Cieplak, nado o 17 de agosto de 1857 en Dąbrowa Górnicza (Reino de Polonia) e finado o 17 de febreiro de 1926 en Passaic (Estados Unidos), foi un arcebispo da Igrexa Católica Latina, bispo auxiliar e administrador apostólico de Mahilioŭ, e arcebispo de Vilnius dende 1926 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e presbiterado[editar | editar a fonte]

Jan Feliks Cieplak naceu o 17 de agosto de 1857[1] na cidade de Dąbrowa Górnicza, entón parte da Polonia do Congreso, e foi bautizado na parroquia da Santa Trindade de Będzin.

Cursou os estudos secundarios até 1873 en Kielce, e posteriormente entrou no seminario local, graduándose en 1878. Continuou os seus estudos na Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo, onde se graduou en 1882. Na súa estadía en San Petersburgo foi ordenado sacerdote, o 24 de xullo de 1881.[2] Logo de graduarse en Teoloxía, deu clase de Arqueoloxía bíblica, Liturxia e Teoloxía moral na Academia. En 1901 doutorouse en Teoloxía coa tese "De momento, transsubstantiatio quo in Augustissimo Missae Sacrificio peragitur".

Episcopado[editar | editar a fonte]

O 16 de xullo de 1908 foi nomeado bispo auxiliar de Mahilioŭ e bispo titular de Evaria.[3] Recibiu a consagración episcopal o 20 de decembro do mesmo ano, de mans do arcebispo de Mahilioŭ, Apolinary Wnukowski. No ano 1909 consagrou a igrexa dos católicos polacos de Harbin, adicada a san Estanislau.

O 29 de marzo de 1919 foi elevado a arcebispo titular de Achrida. Logo da expulsión do arcebispo Eduard von der Ropp polas autoridades soviéticas, foi nomeado en 1923 administrador apostólico de Mahilioŭ. Foi arrestado e acusado de contrarrevolucionario, e sentenciado a morte, aínda que a sentenza foille conmutada pola presión dos Estados Unidos, da Santa Sé e do Reino Unido.[3]

Foi expulsado da U.R.S.S. en 1924,[3] e foi condecorado coa Orde de Polonia Restituta en 1925.[4] O 14 de decembro de 1925 foi nomeado arcebispo de Vilnius, aínda que finou en Passaic (Estados Unidos) antes de tomar posesión da sé, o 17 de febreiro de 1926. Foi enterrado na catedral de Vilnius.

Causa de canonización[editar | editar a fonte]

A súa causa de canonización comezou en Roma o 23 de xuño de 1952, recibindo o título de Servo de Deus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rutkowski, Franciszek (1934). Arcybiskup Jan Cieplak, 1857-1926: szkic biograficzny (en polaco). p. 11. 
  2. Rutowski (1934), p. 27.
  3. 3,0 3,1 3,2 Universidade Católica de América (2003). "Cieplak, Jan". New Catholic encyclopedia. Catholic Encyclopedia (en inglés) 3 (Thomson/Gale). p. 732. ISBN 9780787640040. 
  4. Rutowski (1934), p. 349.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rutkowski, Franciszek (1934). Arcybiskup Jan Cieplak, 1857-1926: szkic biograficzny (en polaco). Varsovia: Warszawa Drukarnia Archidiecezjalna. 
  • Universidade Católica de América (2003). "Cieplak, Jan". New Catholic encyclopedia. Catholic Encyclopedia (en inglés) 3 (Thomson/Gale). p. 732. ISBN 9780787640040. 
  • Бронислав Чаплицкий (Bronislav Chaplitskiy), Ирина Ивановна Осипова (Irina Ivanovna Osipova) (2000). Книга памяти: мартиролог Католической церкви в СССР (Kniga pamiati: martirolog Katolicheskoi tserkvi v SSSR). Серебряные нити (Serebrianye niti).  (en ruso) Traducido ao inglés por G. Kelley para a Universidade de Notre Dame (ligazón).


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Johann Zobl
 Bispo titular de Evaria 
1908 - 1919
Sucesor:
Antonio Maria Capettini
Predecesor:
Ángel María Pérez y Cecilia
 Arcebispo titular de Acrida 
1919 - 1925
Sucesor:
Cleto Cassani
Predecesor:
Eduard von der Ropp
(arcebispo)
 Administrador apostólico de Mahilioŭ 
1923 - 1925
Sucesor:
Boļeslavs Sloskāns
Predecesor:
Jurgis Matulaitis-Matulevičius
 Arcebispo metropolitano de Vilnius 
1925 - 1926
Sucesor:
Romuald Jałbrzykowski