Kiryl Klimovič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Кірыл Клімовіч
Kiryl Klimovič
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1952 en Amangeldi (R.S.S. de Casaquistán)
Ordes
Ordenación sacerdotal8 de xuño de 1980, por Józef Glemp
Consagración episcopal4 de decembro de 1999, por Kazimierz Świątek
Bispo de Irkutsk
2003 - actualidade
PredecesorJerzy Mazur
Outros

Escudo de Kiryl Klimovič
Ficha en catholic-hierarchy.org

Kiryl Klimovič[1] (en belaruso: Кірыл Клімовіч; adaptado ao ruso: Кирилл Климович), nado en Amangeldi[2] (distrito de Eñbekşiqazaq, rexión de Almatı, R.S.S. de Casaquistán) o 5 de novembro de 1952[2] é un eclesiástico católico latino belaruso, bispo de Irkutsk dende 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Amangeldi, na R.S.S. de Casaquistán, o 5 de novembro de 1952, nunha familia belarusa, que en 1956 volveu á R.S.S. de Belarús, e que posteriormente emigrou á República Popular de Polonia.

Logo da escola secundaria, ingresou en 1974 no seminario maior en Olsztyn. O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote[2] polo bispo de Warmia Józef Glemp, e exerceu durante dez anos o seu ministerio en Polonia.

En xullo de 1990 pasou a ser reitor de Hlybokaje, en Belarús. O 13 de outubro de 1999 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e bispo titular de Arban.[2] Recibiu a consagración episcopal o 4 de decembro de 1999[2] de mans do cardeal Kazimierz Świątek.[3]

O 17 de abril de 2003[2] o mesmo papa nomeouno bispo de Irkutsk.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Cyryl Klimowicz.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Annuario pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2007. p. 660. 
  3. "Glaube in der 2. Welt: G2W". Glaube in der 2. Welt: G2W (en alemán) (Zúric) 31. 2003. ISSN 0254-4377.