Karl Pribram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarl Pribram

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Virxinia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Austria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurociencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , pedagogo , catedrático , filósofo , neurocientífico , neurocirugião (pt) Traducir , psicólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale
Universidade Stanford
Universidade de Georgetown
Universidade George Mason (pt) Traducir
Radford University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKatherine Neville Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkarlpribram.com Editar o valor em Wikidata

Karl Harry Pribram, coñecido como Karl H. Pribam ou Karl Pribram, nado en Viena o 25 de febreiro de 1919 e finado o 19 de xaneiro de 2015, foi un médico e académico austríaco, profesor de psiquiatría e psicoloxía en varias universidades americanas, entre elas a Universidade de Stanford e a de Georgetown.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus estudos máis importantes refírense ao cerebro humano e ao sistema nervioso: en particular, axudou a definir a natureza do sistema límbico e a relación entre este e a cortiza frontal.

É coñecido principalmente por desenvolver, en colaboración co físico David Bohm, o chamado "modelo holográfico do cerebro da función cognitiva", que el chamou "modelo holonómico do cerebro" e tamén coñecido como "modelo holográfico de Pribram e Bohm" ou como " paradigma holográfico".[1]

Con este modelo, Pribram teorizou que a información, e polo tanto tamén os recordos, almacenados no noso cerebro non están "rexistrados" nas neuronas, senón que son o resultado de patróns de ondas interferentes, explicando así a capacidade do cerebro para almacenar unha enorme cantidade de información nun espazo relativamente pequeno.

Durante as décadas de 1940 e 1950, Pribram contribuíu ao estudo e comprensión do papel dos ganglios basais na organización das emocións e motivacións. Tamén descubriu os sistemas sensoriais da zona do cerebro chamado córtex asociativo sensorial (tamén chamado córtex cerebral posterior ou córtex de asociación), e mostrou como funcionan estes sistemas para organizar as eleccións que facemos entre os estímulos sensoriais, e non só para a detección dos propios estímulos.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Morreu de cancro na súa casa de Virxinia.

Obras[editar | editar a fonte]

Autor[editar | editar a fonte]

  • Karl H. Pribram, Brain and behaviour, Hammondsworth, Penguin Books, 1969 (ISBN 978-0-14-080521-5, LCCN 71496991)
  • Karl Pribram, Languages of the brain; experimental paradoxes and principles in neuropsychology, Englewood Cliffs, N. J., Prentice Hall, 1971 (ISBN 978-0-13-522730-5, LCCN 73163862)
  • (en) Karl Pribram et Gill, Morton M., Freud's "Project" re-assessed : preface to contemporary cognitive theory and neuropsychology, Nova York, Basic Books, 1976 (ISBN 978-0-465-02569-5, LCCN 74025917)
  • Karl Pribram, Brain and Perception: Holonomy and Structure in Figural Processing, Hillsdale, N. J., Lawrence Erlbaum Associates, 1991, 388 p. (ISBN 978-0-89859-995-4, LCCN 89071539

Coautor[editar | editar a fonte]

  • George Miller et Galanter, Eugene, & Pribram, Karl, Plans and the structure of behavior, Nova York, Holt, Rinehart and Winston, 1960, 10ª ed. (ISBN 978-0-03-010075-8, LCCN 60007982)
  • Gordon G. Globus et Pribram, Karl H., & Vitiello, Giuseppe, Brain And Being; At The Boundary Between Science, Philosophy, Language, And Arts (Advances in Consciousness Research, 58), Filadelfia, John Benjamins Publishing Co., 30 de setembro de 2004, 350 p. (ISBN 978-1-58811-550-8)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tesis digital. “EL PARADIGMA HOLOGRAFICO DE BOHM Y SU RELACION CON FRACTALES AUTOADJUNTOS”" (PDF). jupiter.utm.mx; Universidad Tecnológica de la Mixteca (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lynne Mc Taggart, L'Univers informé, ed. Ariane, 2006