Katherine Neville
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de abril de 1945 St. Louis, Estados Unidos de América |
| Residencia | Washington, D.C. San Francisco |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, modelo, novelista, fotógrafa |
| Período de actividade | 1988 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Karl H. Pribram |
| Sitio web | katherineneville.com |
Katherine Neville, nada en St. Louis (Missouri) o 4 de abril de 1945, é unha escritora estadounidense, coñecida principalmente pola súa novela The Eight, que foi un éxito de vendas mundial, ratificado máis tarde coa novela The Magic Circle.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante anos traballou como vicepresidenta para o Banco de América.[2] Despois traballou como asesora técnica de instalacións informáticas[2] tanto para gobernos como para empresas privadas como IBM e Deutsche Bundesbank. Tamén traballou no ámbito dos transportes e no da enerxía, ademais de ser fotógrafa comercial,[2] modelo e pintora.
A partir da década de 1980 converteuse nunha das novelistas máis lidas do mundo grazas á súa novela The Eight,[3] éxito que volveu acadar coa obra O círculo máxico. A Calculated Risk, a súa primeira novela, tamén experimentou un grande éxito grazas ao das dúas publicacións anteriores. En decembro de 2008 publicou a continuación de The Eight, titulada The Fire.
Obra
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Notas |
|---|---|---|
| 1988 | The Eight | |
| 1992 | A Calculated Risk | |
| 1998 | The Magic Circle | |
| 2008 | The Fire | Secuela de The Eight |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conversa con Katherine Nevill
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Katherine Neville Official Site - Biography, consultado o 31 de agosto de 2010.
- ↑ Katherine Neville Official Site-The Books. Archived from the orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2014