José Saavedra García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Bealo, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mineiro, sindicalista |
Membro de | |
José Saavedra García, nado en Bealo (Boiro),[1][2] foi un mineiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e de acordo coas instrucións do Goberno, o gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo, responsable de organizar a defensa da República na provincia, promoveu a formación dos comités de defensa nos concellos, constituídos principalmente nas casas consistoriais e integrados polos responsables políticos e sindicais de máis relevancia.[3] Deste xeito, Severino Iglesias Siso, alcalde de Noia por Izquierda Republicana e delegado gobernamental do partido xudicial, ordenou crear o comité de defensa de Boiro, composto por membros da comisión xestora, nomeada o 10 de marzo, e polos líderes dos partidos da esquerda e das organizacións sindicais,[4][a] entre outros colaboradores.[b] José Saavedra foi integrante do comité de defensa como membro do sindicato mineiro de Lousame, pertencente á CNT,[4][6] contando coa participación de moitos afiliados traballadores das minas de San Fins, tanto do propio concello como da contorna, armados e provistos de explosivos, declarándose polas autoridades unha folga xeral.[7]
José Martínez Virel, alcalde en funcións por Izquierda Republicana, máximo responsable do comité de defensa de Boiro,[5][6] encomendoulle ós distintos líderes sindicais a vixilancia das parroquias, asignándolle as de Cespón e Bealo a José Saavedra e ós mineiros veciños desas parroquias.[8][9][c] Participou nos rexistros da casa reitoral de Abanqueiro (Boiro)[1][2] e liderou a partida responsable da voadura da ponte do río Beluso, para dificultar a chegada do exercito sublevado.[1][10]
José Saavedra foi un dos fuxidos[11] que se botou ó monte[12] trala toma do exercito o día 27 de xullo de 1936 de Boiro.[13] Foi xulgado en Santiago de Compostela por rebelión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Formouse o comité de defensa de Boiro, integrado por José Martínez Virel (Izquierda Republicana) como máximo responsable,[5] alcalde en funcións incidentalmente ó atoparse o alcalde Juan Somoza Rebollido en Madrid; José Caballero Rubio (Unión Republicana); José Benito Segade e José Ramón Blanco (Partido Galeguista); os concelleiros Francisco Castro Castro, Manuel Benigno Pena, José Iglesias Peiteado, Juan Outeiral Outeiral e Antonio Lago Outeiral (Agrupación Socialista Obrera); Victorino Somoza Rebollido e Antonio Somoza Outeiral (Juventudes Socialista); Vicente Silva Somoza (Unión de Canteros y Oficios Varios); José Viturro Ozores e Manuel Ogea Torrecilla (sindicato La Alianza da UGT de Cabo de Cruz); Juan Manuel Muñiz Santiago (sindicato Sociedad de Trabajadores de Mar y Tierra da CNT de Escarabote) e José Saavedra García (sindicato mineiro da CNT de Lousame).[4]
- ↑ Outras persoas que formaron parte do comité ou colaboraron estreitamente foron Felipe e Ramón Somoza Rebollido (Partido Socialista Obrero Español), irmáns do alcalde Juan Somoza Rebollido, e mais dous administrativos do concello Marcial de Diego Andreu e Emilio Blanco Fuciños, que substituíron a partir do mes de xuño de 1936 os funcionarios sancionados pola xestora.[4]
- ↑ José Viturro Ozores (presidente do sindicato La Alianza da UGT de Cabo de Cruz) a parroquia de Castro; Juan Manuel Muñiz Santiago (presidente da Sociedad de Trabajadores de Mar y Tierra da CNT de Escarabote) a parroquia de Lampón. Non hai constancia doutras delegacións, polo que o resto de parroquias é posible que quedasen baixo o control directo do comité.[8][9]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Gallardo 2020, p. 19.
- ↑ 2,0 2,1 Rodríguez Gallardo 2022, p. 227.
- ↑ Rodríguez Gallardo 2020, p. 11.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Rodríguez Gallardo 2020, p. 12.
- ↑ 5,0 5,1 Rodríguez Gallardo 2020, p. 15.
- ↑ 6,0 6,1 Rodríguez Gallardo 2022, p. 215.
- ↑ Rodríguez Gallardo 2020, p. 13.
- ↑ 8,0 8,1 Rodríguez Gallardo 2020, p. 17.
- ↑ 9,0 9,1 Rodríguez Gallardo 2022, p. 224.
- ↑ Rodríguez Gallardo 2022, p. 228.
- ↑ Rodríguez Gallardo 2020, p. 34, (N. do A.).
- ↑ Cimadevila Álvarez, Carlos (2012). A guerrilla e os campos de concentración (PDF). III Seminario sobre a Memoria. p. 5. Consultado o 10-11-2024.
- ↑ Rodríguez Gallardo 2020, p. 26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Gallardo, Antón (2020). "Boiro, entre a defensa da República e o inicio da represión militar (xullo 1936-abril 1937)" (PDF). Barbantia, Anuario de Estudos do Barbanza (Asociación Cultural Barbantia) (16): 9–34. ISSN 1889-0946. Depósito legal: C-2792-05.
- Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-394-4. Depósito legal: C-385-2022.
- Os paseados en Rianxo (1936-1939). CRMH Barbanza. Concello de Rianxo. 2022. Consultado o 01-11-2024.