Antonio Lago Outeiral
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Antonio Lago Outeiral | |
---|---|
Boiro | |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Lago Outeiral, nado en Boiro, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Foi nomeado depositario dos fondos municipais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Fuxiu na lancha San José nº 2 do Cabo de Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do consello de Guerra foi cadea perpetua.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Xeración perdida. Coruña 36 (PDF). Deputación da Coruña. 2018. p. 163. ISBN 9788498123319.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antonio Lago Outeiral na páxina web Nomes e Voces.