Juan Somoza Rebollido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Somoza Rebollido
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 1985 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Boiro
1936 – 1936 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , ferreiro , político , comerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Somoza Rebollido, nado en Boiro en 1898 e finado no mesmo concello o 14 de outubro de 1985,[1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferreiro e comerciante. Militante socialista. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Boiro.[2] Con motivo duns incidentes durante as eleccións de novembro de 1933 foi detido, xulgado en consello de guerra foi condenado a catro anos de prisión correccional,[3] e internado no penal de El Dueso. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado. Foi nomeado alcalde de Boiro en marzo de 1936.[4] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid.[5] Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos[6]. Exiliouse na Arxentina. Retornou a Galicia despois da morte de Franco e finou en Boiro con 87 anos.


Predecesor:
Benito Calo Beade
 
Alcalde de Boiro
 
1936
Sucesor:
Bernardino López

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Outeiral Outeiral, irmá de Juan Outeiral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-10-1985, p. 50.
  2. El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 9.
  3. El Compostelano, 14-2-1935, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10.
  5. Algunhas fontes afirman que saíu de Galicia na evasión do San José Nº 2 o 27 de xullo de 1936 xunto con Elpidio Villaverde (Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra, 2006, páxina 13). Pode deberse a unha confusión co que era primeiro tenente alcalde José Martínez Virel ou co seu irmán Ramón Somoza Rebollido.
  6. El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]